Saltar ao contido

Victoria na Guarda , con aprendizaxe incluido.

Comezaban este domingo as xogadoras do Sutenor a Copa Federación neste treito final de ano antes de comezar o sector nacional .Para iso nesta ocasión o rival era o Atlético Guardés campión de liga regular, quizáis o rival máis completo da categoría e o máis complexo de gañar.

O Sutenor o tiña claro , vir a competir e seguir coa preparación para futuros partidos.O inicio do encontro estivo marcado polos erros tanto locais como visitantes na faceta ofensiva. O Sutenor estiuvo algo máis acertado nesta fase ofensiva o que permitialle estar dominando o marcador incluso chegando a ter ventaxas de 3-4 goles. O que estaba a marcar o encontro eran as defensas, sobre todo a do equipo cullerdense que en 13 minutos tan só habia encaixado 3 goles. Isto reflexaba o bó traballo da defensa cullerdense no que todo esta a sumar o seuy granillo , dende a portería ata as axudas defensivas e deprazamentos defensivos. No treito final da primeira parte as diferencias foron as mesmas incluso provocando situacións de pasivo ao equipo local .

Chegábase a primeira parte cun 7-10 a prol das visitantes.

Na segunda metade o equipo local cambiou a dinámica e comezou a subir o ritmo do encontro sobretodo con boas defensas e transicións moi rápidas que facían empatar o encontro ou axustalo a diferencias minimas. O Culle tardou en reponder , pero pouco a pouco seguille o ritmo o equipo local que xa estaba un gol arriba.

Nos último compases chegábase con empate no marcador , con ataques erróneos por parte dos dous equipos que tiveron acción ofensivas para poder mandar no marcador pero chegouse o último minuto co empate , incluso a falta de 20 segundos o equipo local tiña a posesión para poder rematar o encontro pero ahí volveu a sair o coraxe das nosas rapazas do Sutenor e sendo agresivas puideron recuperar o balón e facer un contrataque rápido que acabaría en 7 metros a tempo parado . A pena máxima convertiuse en gol e o Sutenor levase os primeiros dous puntos da Copa Federación ante un rival de máxima entidade.

Bó e regular encontro do Sutenor pero que aínda queda moito que axustar se se quere seguir competindo ante os máximas rivais que poderemos encontrar nun futuro . Esta semana conoceremos os rivais e a ubicación onde xogarase o próximo sector nacional .

Forza Culle

Resultado final: Atlético Guardés 18- Bm Culleredo Sutenor 19

Atlético Guardés (10+8)18: Silvia Lomba, Vera Pazos, Mara González, Paula Martinez, Julia Lomba, Angela Martinez, Yasmine López,María Verde, Daniela Pacheco, Sabela Lomba, Adriana Álvarez.

Bm Culleredo Sutenor(10+9)19: Sara Fernández, Sara Bello, Helena Portas, Eva Outón,María Otero, Noa Otón, Aitana Gestal,Sofía Meijide, Celia González, Sara Villar, Alba Fernández, Rosalía Veiga, Claudia Soto, Lola Romero.

Parciales cada 5`: 2-3/3-5/3-7/4-8/7-10/10-11/13-12/15-15/16-15/17-18.

Árbitros: Daniela Savic.

Incidencias: Xornada 1 da Copa Federación , disputada no pavillón de A Sagriña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *