Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornadas de copa para a maioría dos nosos equipos, que afrontan a fase final da tempada. Destaca esta fin de semana a participación do Bm Culleredo Remax Riazor na Final4 cadete, que se celebrará en Tui para loitar por unha praza no intersector nacional.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS TUBASYS XIRIA

Volta o Bm Culleredo Cristalería Gestal á competición tras unhas semanas de descanso. Como rival terán ás veciñas de Carballo, rival ao que nunca se enfrentaron ate o de agora nesta tempada, pero que de seguro plantexará unha defensa moi presionante que porá a proba ás nosas.

(IF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS BM CULLEREDO SUTENOR

As nosas infantís comezan a andadura pola nova competición de copa, para poder seguir coa boa dinámica antes de entrar no sector nacional. Para iso, o rival non será menos que o campión de liga, un encontro moi exixente que terá que afrontar o Sutenor este domingo.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM LÍNEA 21 ACADEMIA PLURALIA

O Climanosa volverá a enfrontarse ao Bm Línea 21, rival que nos puso as cousas moi difíciles nos anteriores encontros e contra o que o Climanosa debe amosar o crecemento desta tempada. Será crave para poder competilo encontro a fase defensiva, donde deberemos sobre todo ser capaces de freala forte primeira liña herculina e ser moi solidarios para ter uns bos cimentos sobre os que construir despois o noso xogo ofensivo con máis tranquilidade.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS GARAYSA XIRIA “C”

O primeiro partido da Copa Federación para os nosos rapaces do Óptica Gallaecia será fronte ao sempre moi complicado Xiria, un equipo que xa nos deu moitos problemas na 1º fase da competición ligueira e que volta a Almeiras con ganas de levarse os 2 puntos. Deberán os nosos amosar o seu mellor nivel para poder sacar adiante un complicado encontro.

(IM) BM ABEGONDO NOROPLAZA VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Trala Final4 e unha larga tempada, afronta o Nosolomadera unha Copa Federación que servirá para seguir traballando en aspectos técnico-tácticos novos e asentalos antes traballados para poder seguir crecendo como xogadores e como equipo. O rival será o sempre duro Abegondo, equipo moi forte sobre todo actuando como local e que sabemos que loitará cada balón como se fose o último, deberán os nosos mantela cabeza fría, mantela concentración e non deixar de traballar se queren ser quen de levarse os 2 puntos.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS MILLAVÉN CP LUCENSE

Sen apenas alento, o Fisioterapia Benestar xa está metido noutra competición, esta vez é a Copa Federación, na que os equipos se dividen en 9 grupos.

O Culleredo, integrante do grupo norte, terá como rivais ao conxunto Lemaco Xiria A, BM Brigantium Nunegal e Millaven CP Lucense, equipo co que competirá este domingo ás 12 en Almeiras.

Todo está preparado e con novas sensacións despois de que o Porriño afastase ó Culleredo de xogar a Final a Four.

(CM) EMBUTIDOS LALINENSE VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O Bm Culleredo Remax Riazor, afronta este próximo Sábado o partido máis importante do ano na  Final Four da categoría. Os cullerdenses enfrontaranse ao enorme potencial do Embutidos Lalinense co obxectivo de meterse na final do Domingo. Sen dúbida que o conxunto de Culleredo terá que ser moi regular, intenso e disciplinado e verase na obriga de realizar o mellor encontro de toda a tempada ante o conxunto dezán se desexa saír vitorioso. O encontró dará inicio as 18:00h no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Duelo entre os dous conxuntos xuvenís do BM.Culleredo na Copa Federación, o que se disputará o Domingo pola tarde no polideportivo de Almeiras (19:00h). Espérase unha gran festa do balonmán entre os dous equipos que conforman esta xeración e que é unha das máis nutridas en canto a número da entidade. Un goce entre compañeiros e afección nesta tempada que xa tende ao seu fin.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS AUTOMANÍA LUCEROS

O Sweepend Culleredo poñerá o punto e final á competición ligueira nesta tempada 2023/24 e farao o vindeiro sábado no municipal de Tarrío  (19:00h) ante o Automanía Luceros de Cangas. Os cullerdenses desexan poñer o broche final ofrecendo unha actuación notable ante a súa afección e unha vitoria que deixe boas sensacións, tanto ao equipo como á parroquia de Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *