Saltar ao contido

ECOS DUNHA FINAL FOUR

FINAL 4 BALONMAN CULLEREDO NOSOLOMADERA VS BALONMAN LÍNEA 21 TRANSGALO (youtube.com)

FINAL FINAL 4 BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS SUPERMERCADOS CAMAR BUEU ATL. BALONMAN (youtube.com)

Xa pasada a resaca dun evento inesquecible, de dous partidos dos Infantís masculinos repletos de emoción e dunha entrega de trofeos onde eles mesmos e nosas Infantís femininas puideron ver recoñecido o traballo de todo o ano, os ecos desta pasada fin de semana, deixáronnos numerosas instantáneas para o recordo nun Tarrío abarrotado de público vibrando co deporte do balonmán de base.

A festa comezaba na matinal do pasado Sábado, cos partidos dos Infantís masculinos e alcanzaba o seu culmen ao mediodía, co encontro norteño entre os rapaces do BM. Culleredo Nosolomadera e o BM. Línea 21 Transgalo. Nunha confrontación vibrante e igualada, con dúas afeccións de comportamento exquisito que non pararon de levar o volandas aos seus equipos, os cullerdenses terminarían por conseguir o pase á final do Domingo, definida cunha arrancada nos comezos da segunda parte. Se no primeiro acto as diferenzas foron máis curtas e o conxunto de Culleredo retirábase aos vestiarios no tempo de descanso dominando pola mínima expresión (21-20), no segundo, un 5-1 de parcial nos primeiros cinco minutos, achandarían o camiño cara á vitoria final do BM.Culleredo Nosolomadera, que chegaría a contar cunha cómoda vantaxe de seis goles (29-23).

Na final da tarde dominical, esperaba o inmenso potencial do Supermercados Camar Bueu Atl.Bm e a súa afección, que tinguía de azul unha gran parte da bancada do municipal de Tarrío. Na outra beira, a afección rojilla e o colorido múltiple do resto de afeccións e equipos, tanto masculinos como femininos, que na antesala da entrega de trofeos e medallas, dispoñíanse a ser partícipes dunha final vibrante. Os buenenses comezaron intensos, contundentes e incontestables nas súas accións, tanto que o técnico local víase na obrigación de esgotar o seu primeiro tempo morto a cinco minutos do inicio (5-1). A reacción dos cullerdenses non se fixo esperar e cun 3-0 de parcial, apertaban os algarismos ata a mínima expresión (4-5). Entón a batalla transcorrería por un río de emocións de alta voltaxe, ofrecendo ambos os conxuntos un balonmán dinámico e efectivo para impoñer as táboas ao descanso (14-14). No segundo acto, o equipo de Bueu terminaría por abrir unha brecha insalvable para o Nosolomadera, que non conseguiría axustar a súa defensa ante as transformacións do conxunto rival.

Sen dúbida e a pesar de que o BM.Culleredo Nosolomadera non puidese conseguir ese pase ao intersector nacional, a fin de semana posibilitou que o balonmán de base en Culleredo de forma particular e do norte en xeral, adquirise unha maior visibilidade e relevancia no gran evento organizado pola FGBM. O conxunto infantil masculino BM.Culleredo Nosolomadera e o feminino, BM.Culleredo Sutenor, recibirían, no peche do evento, eses trofeos e agasallos que acreditan a súa gran tempada e evolución deportiva, á espera, no caso das Infantís, de poñer o broche na próxima cita estatal.

Fotos de la final Infantil masculina en la que jugaron por el BM.Culleredo Nosolomadera:

https://photos.app.goo.gl/rC2kn9iUjnM1JjnT7

Mateo Basanta (P), Iago Bolaños (P), Sebastián Ponte (P), Iván Gantes, Alexis Martínez, Antón Rodríguez, Alejandro Soto, Teo Gómez, Javier Orge, Isaac Lorenzo, Martín Casal, Carlos Negreira, Mauro Fdez, Jacobo Soto, Pablo Penelas, Antón Méndez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *