Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, CLASIFÍCASE PARA A FINAL FOUR

Se un derbi xa ten unhas connotacións especiais de por se, o do pasado Sábado en Tarrío era vital para ambos os equipos, xa que se trataba dunha final. O equipo que se fixese coa vitoria, conseguiría o billete directo á Final Four da categoría e por tanto, a posibilidade de competir polo premio gordo: unha praza no campionato de España.
Tras un primeiro tempo igualado, onde o conxunto de Xiria dominaba os algarismos pola mínima diferenza, os de Culleredo tomarían o mando para levarse o partido e a eliminatoria. Os xogadores do Remax Riazor, entrarían no envite peor que o seu rival, moito menos intensos, cunha retagarda pouco contundente e un ataque posicional con escaso ritmo e disciplina táctica. A medida que o crono ía avanzando, as prestacións dos cullerdenses irían subindo, as accións comezaban a ser máis colectivas e a defensa mostraríase máis exitosa. Con todo, o BM.Culleredo Remax Riazor non conseguíría voltear o marcador e retirábase aos vestiarios cedendo pola mínima ante os bergantiñáns (14-15).
Sería no segundo tempo cando o conxunto local faríase dominador das diferentes fases, aumentando as prestacións defensivas e o ritmo imposto nas transicións. No posicional, o xogo co "pasa alto" do extremo dereito achegaría un extraordinario rédito ás accións atacantes dos de Culleredo, que incidirían unha e outra vez neste inicio, xa que a retagarda dos bergantiñáns, non serían capaces de axustar a súa defensa ao redor do desenvolvemento de Xoán Canedo e os seus compañeiros a raiz desta situación atacante. Un 8-3 de parcial nos primeiros dez minutos da continuación, foron fundamentais para que o BM.Culleredo Remax Riazor puidese xestionar os tempos e, con certa marxe, permitirse algún que outro erro. As situacións de superioridade numérica resultaron claves, especialmente cando a través da profundidade defensiva foi posible a recuperación do balón ou provocar o erro do conxunto de Carballo.

Bm Culleredo Remax Riazor: 36 (14+22): Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Hugo Bregua, Alex Tajes, Adrián Aneiros (3), Iago Allegue (3), Jorge Outón (5), Fabián Manzo , Teo López (1), Pablo Ares, Roi Fernández (2), Xoán Canedo (14), Xoán Bello (2), Jaime Serrano (2), Jairo Cándamio (2), Diego Piñeiro (2).

Hierros Varela Urbieta Xiria: 32 (15+17): Lucas Mateo (2), Xabier Fdez, Andrés Pedreira (1), Nicolás Mejuto, Saul Fuentefría (1), Andrés Pombo (6), Nicolás Cancela (8), Xano Rama, Izan Cabeza, Álvaro Gómez (1), Rubén Nogareda, Daniel Marta, Pablo Fraga, Marcos Varela (4).

Parciais cada 5`: 1-3 / 4-5 / 6-7 / 9-10 / 10-12 / 14-15 / Descanso / 17-17 / 22-18 / 25-22 / 27-25 / 30-28 / 36-22 / Final.

Árbitros: André Pena e Pablo Torreiro.

Incidencias: Eliminatoria pola Final Four disputada no pabellón de Tarrío con moi bo ambiente nas bancadas. Dúas afecciones que non pararon de animar os seus equipos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *