Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO QUEIMA A SÚA ÚLTIMA BALA NA CAÑIZA

1NA SAEPLAST BM CAÑIZA - BM CULLEREDO (youtube.com)

O Sweepend Culleredo ,non foi capaz de saír airoso dunha nova final, a que o pasado sábado lle enfrontaba ao Saeplast BM.Cañiza no municipal da localidade pontevedresa. Era a última bala para os cullerdenses, nesa loita que mantiñan durante practicamente toda a tempada co BM.Tejina por eludir a última praza da táboa clasificatoria. A derrota na Cañiza e a vitoria do BM.Tejina, deixa ao equipo de Culleredo sen posibilidades de alcanzar ao rival insular na última xornada que se disputará en Tarrío a fin de semana que vén.

O Sweepend Culleredo tentouno, pero non foi capaz de incomodar a un rival que comezou moito máis intenso e mantívose regular durante todo o envite. A diferenza de tres goles (17-14) ao descanso, facía albergar certas esperanzas de remontada para os de Culleredo, pero un 4-2 de saída, diluía esa posibilidade co paso dos minutos. A diferenza alcanzaría os dez goles para os locais, unha distancia xa imposible de enxugar cando o partido agonizaba, aínda que non dándose por vencidos e tentándoo ata o último instante, o Sweepend Culleredo reduciría a diferenza ata os cinco goles (35-30). Os dezasete erros non forzados e a dificultade defensiva para impoñerse aos ataques do conxunto da Cañiza, terminaron por minimizar as posibilidades do conxunto cullerdense para conseguir os dous puntos en xogo.

BM.Saeplast Cañiza: 35 (17+18). Marcos López, Rubén Soliño (4), J.Manuel Chao (8), Manuel A. Gómez (7), Jesús Veiga, Jorge Martínez, Alex Rey (3), Samuel Barciela, Rubén López (3), Ricardo Antón González (3), Cristian Canosa (2), Javier Bernárdez (3), Adrián Losón (2), Jesús Rivera.

Sweepend Culleredo: 30 (14+16). Jorge López (p), Oscar Bello (P), Carlos Costa (1), Nicolás Pérez, Pedro Pereira (3), Daniel De Salvador, Adrián Díaz (2), Iago Ferreiro (1), Nuno Loxo (7), Aresio Rosende (3), Mario Crecente (4), Darío Pérez (5), Senén Garea (4).

Parciais cada 5´: 4-2 / 6-3 / 9-5 / 11-8 / 15-10 / 17-14 / Descanso / 21-16 / 22-18 / 26-20 / 29-21 / 34-24 / 35-30 / Final.

Colexiados: Jordán Suárez e Daniel Valdés.

Incidencias: Encontro correspondente á penúltima xornada na primeira nacional masculina (Grupo A) disputado no municipal de A Cañiza ante máis de un centenar de afeccionados.

Fotos Do encontro:

https://photos.app.goo.gl/WwJZGrr2nkSCpTWr7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *