Saltar ao contido

O SWEEPEND CULLEREDO ABÓNASE AO SUFRIMENTO PARA VENCER AO DISICLÍN BM.LALÍN E ABANDONAR A ÚLTIMA PRAZA

(SM) Sweepend Culleredo - Disiclin BM Lalín (youtube.com)

O Sweepend Culleredo, conseguíu dous puntos vitais esta tarde do Sábado no municipal de Tarrío para continuar soñando coa salvación na primeira nacional. A vitoria comezouse a xestar nun primeiro tempo de clara cor local, cunha retagarda funcionando a bo nivel e propiciando as rápidas saídas ao contragolpe dos exteriores. A regularidade mostrada no posicional, con tan só tres perdas de balón nos primeiros trinta minutos, contabilizaría moi positivamente á zumarenta diferenza que os cullerdenses consegurían ao descanso (16-11).

Sería na segunda parte cando o Sweepend Culleredo sumiríase nunha dinámica negativa e totalmente antagonista, cedendo a súa vantaxe cun parcial en contra de 5-9 e vendo como esta víase reducida á mínima expresión (21-20). O bloqueo mental era palpable e as dúbidas dos xogadores, que acumulaban un erro tras outro, moi evidente. Os cullerdense estaban noqueados, pero lonxe de darse por vencidos, o Sweepend Culleredo emerxería a tempo nos últimos cinco minutos para levarse o encontro, cun último parcial de 4-0 conseguido con moito corazón na súa retagarda e dous 7m vitais atallados por Jorge López. Desta forma, o conxunto de Culleredo, abandona a última praza e permítese seguir soñando cunha permanencia que cada vez está máis apaixonante e disputada.

Sweepend Culleredo : 30 (16+14). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Samuel Seijas (3), Aresi (2), Alberto Catoira (3), Carlos Costa (5), Pedro Pereira, Iván Sánchez (1), Mario Crecente (5), Nicolás Pérez, Daniel Salvador (1), Adrián Díaz (3), Iago Ferreiro (1), Nuno Loxo (1), Senén Garea (3), Darío Pérez (2).

Disiclín Balonmán Lalín: 28 (11+17). Tomás Villaroel, Ramón Gil (7), Adrián Crespo (3), Martín Losón (5), Sergio Munín, Miguel García (2), Pablo López, Miguel López (1), Xosé Cuíña (3), Xabier Fdez, Iago González, Pedro Toimil (6), Xabier Fernández, Adrián Ferradás, Breixo Pereira, Víctor Hidalgo (1).

Parciais cada 5´: 4-2 / 6-4 / 9-6 / 12-8 / 15-9 / 16-11 / Descanso / 20-15 / 21-20 / 23-24 / 25-27 / 26-28 / 30-28 / Final.

Colexiados: David Deniz e Diego Pastoriza.

Incidencias: Partido correspondente a 26ª xornada no grupo A da 1ª nacional en categoría senior masculina. Encontro disputado no municipal de Tarrío cas bancadas cheas e un público enfervorizado que non deixaría de animar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *