O BM.Culleredo Galaico Caravaning, ofreceu unha remontada espectacular á súa afección e conseguíu poñer as táboas nun partido vibrante cando este tocaba ao seu fin. Nunha primeira parte na onde os ataques de ambos os conxuntos impuxéronse claramente ás defensas, o Vayro Lalín acabaría por mostrase superior e así o confirmaban cunha suculenta vantaxe ao descanso (18-25). Sempre confiados nas súas posibilidades e cunha fe encomiable no modelo de xogo, os bravos xogadores do BM.Culleredo Galaico Caravaning, saltarían ao 40x20 do municipal de Tarrío cun punto maior de intensidade defensiva e esto comezaría a dar os seus froitos de forma inmediata. En tan só cinco minutos, os cullerdenses xa reduciran a diferenza a tres goles e entraban de cheo na disputa polo envite. O cambio de dinámica estaba a facerse efectiva e os locais eran agora donos do xogo, superando ao seu rival ata conseguir a primeira igualada cando se achegaba o meridiano. Os últimos quince minutos foron vibrantes, un espectáculo competitivo entre dous bos equipos que estaban a facer as delicias dos asistentes ao polideportivo municipal. A éxtase saltaría no xusto momento que o encontro agonizaba e chegaba ao seu fin, cando no último segundo, os de Culleredo conseguían poñer as táboas no electrónico cun 7m convertido e, desta maneira, continuar liderando o seu grupo da liga Prata.
BM.Culleredo Galaico Carvaning 39 (18-21): Hugo Nodar (Portero), Jorge Amor (P), Hugo Bregua, Alex Tajes, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Jairo Candamio, Víctor Laya, Pablo Ares, Hugo Bermúdez, Mateo Negreira, Diego Rodríguez.
Parciais cada 5´: 5-5 / 9-8 / 11-13 / 15-16 / 16-20 / 18-25 / Descanso / 23-26 / 28-29 / 30-31 / 33-35 / 34-35 / 39-39 / Final.
Colexiado: Luis Daniel Arias.
Incidencias: Encontro correspondente a 4ª xornada da liga Prata Cadete no grupo pola disputa do posto 6º ao 12ª disputado no municipal de Tarrío. Bo ambiente nas bancadas por parte de ambos os dous equipos.