Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, PROCLAMASE CAMPIÓN DA LIGA PRATA E XOGARÁ A ELIMINATORIA POLA FINAL FOUR.

O BM.Culleredo Remax Riazor conseguíu o primeiro obxectivo da tempada, que non era outro que clasificarse para a eliminatoria pola Final Four da categoría. Nun encontro complicado na pista do CP. Lucense e que os cullerdenses comezaron costa arriba (4-1 minuto 5), resolveríanse as expectativas creadas polo equipo co paso dos minutos. A medida que o BM.Culleredo Remax Riazor quentaba motores e afinaba o instrumental, as distancias iríanse recortando e terminaría por producirse o sorpaso arraigado nunha defensa 5:1 que potenciaba un contraataque letal. Os de Culleredo, encamiñábanse ao obxectivo da vitoria dominando por catro goles ao descanso (12-16).
No segundo tempo, o BM.Culleredo Remax Riazor sería un auténtico vendaval e superaría con contundencia a resistencia dos lucenses, afianzado o gran traballo na retagarda para sentenciar con rápidos contragolpes, tanto en primeira como segunda onda.

C.P. Lucense 24 (12+12): Lucas Díaz, Miguel Barreiro, Roi Lence, Martín Alonso, David González, Hugo Seoane, Rodrigo Pumares, Víctor Areán, Brayan Martínez, Iván Vila, Gabriel Areán, Amir Berka.

Bm Culleredo Remax Riazor: 40 (16+24): Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Iago Allegue, Jorge Outón, Fabián Manzo , Teo López, Hugo Rodríguez, Roi Fernández, Xoán Canedo, Xoán Bello, Jaime Serrano, Diego Piñeiro.

Parciais cada 5`: 3-2 / 6-3 / 8-6 / 9-9/ 11-12 / 12-16 / Descanso / 13-19 / 15-24 / 18-29 / 19-33 / 21-38 / 24-40/Final.

Árbitros: André Pena.

Incidencias: Xornada número catro da segunda fase da Liga Prata polo posto 1ª-6ª , disputada na Casa Do Deporte en Lugo con boa entrada de público e siareiros das dúas afeccións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *