Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, PECHA A LIGA OURO CON UNHA NOVA VITORIA

O BM.Culleredo Sweepend, puxo punto e final ao seu brillante campionato dentro da liga Ouro cunha nova vitoria como local ante o conxunto pontevedrés da S.D.Teucro. Os cullerdenses, que xa estaban clasificados para o Campionato de España da categoría, non puxeron no 40x20 todo o empeño e a intensidade á que nos teñen acostumados, pero aínda así, chegoulles para conseguir a vitoria de forma ampla e cómoda. Os primeiros compases, mostraron a un BM.Culleredo Sweepend errático na finalización fronte á portería contraria, pero pronto tomaría o mando no electrónico grazas ao traballo na retagarda. Un 5-1 de parcial entre o minuto cinco e dez, supoñería a primeira vantaxe cómoda dos locais (6-3), que pecharían virtualmente o encontro apertando o acelerador nos últimos cinco minutos do primeiro tempo onde conseguirían un contundente 5-0 para retirarse aos vestiarios cun 20-12 clarificador.
Na continuación e practicamente co partido decidido, o BM.Culleredo Sweepend baixaría unha marcha máis, convertendo o encontro nun trámite monótono e insulso para o espectador. A pesar de non empregarse ao 100%, o conxunto de Culleredo conseguiría a vitoria e os dous puntos en xogo con solvencia (37-26), poñendo desta forma punto e final a unha liga brillante na que só cedeu catro puntos ante o líder en dezaoito xornadas. O próximo reto, por tanto, será a primeira fase do campionato de España, a celebrarse do 26 ao 28 de Abril.

BM. Culleredo Sweepend: 34 (15+19). Marco González (P), Xoel Insua, Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Josemi Martínez, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez, Felix Noya, Antón Pérez.

SD Teucro UIE: 24 (13+11). Marcos Vázquez, Anxo Barco, Agustín E. Borel, Roi González, J. Antonio Díz, Rodrigo Iván Louro, Hugo Areses, Iker Rodiño, Oscar A. Baltar, Pablo Escudero, Marcos Ríos, Hugo Dacunha.

Parciais 5´: 1-2 / 6-3 / 10-6 / 13-10 / 15-12 / 20-12 / DESCANSO / 21-14 / 24-17 / 27-20 / 30-21 / 34-25 / 37-26.

Colexiados: Pablo Torreiro e Nicolás Vázquez.

Incidencias: Última xornada na Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Partido disputado no pavillón municipal de Almeiras con cheo e moi bo ambiente nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *