O Sutenor xogaba esta fin de semana contra o Sanxenxo o último clasificado do campionato , un encontro que serviría para poder seguir observando a progresión defensiva no sistema 5:!
O encontro comezaba algo irregular por parte das nosas miniguerreiras , con moitos fallos de lanzamento que propiciaban que o Sanxenxo o aproveitara para poder competir ao Sutenor. Non estivo acertado o equipo cullerdense nos primeiros compases de xogo , pero co pasos dos minutos foi a máis, tan só 6 goles recibidos na primeira metade di moito da defensa cullerdense que estivo moi solidaria e moi comprometida coas suas funcións.
Na fase ofensiva o sistema cerrado proposto polo equipo visitante comezaba a facer augas co ataque cullerdense que era capaz de ver portería en boas situacións .
Resultado o final da primeira parte : Bm Culleredo Sutenor 16- Bm Sanxenxo 6.
Na segunda metade o Sutenor mantivo a concentración defensiva tan só en nun momento en concreto baixou o nivel pero logo activouse e só recibiron 1 gol nos ultimos 15 minutos.
Na fase ofensiva na segunda metade todo quizáis foi máis doado , o Sanxenxo abriuse a un sistema 3:3 e os espazos libres comezaron a ocuparse polas xogadoras do Sutenor para poder superar as duas liñas defensivas propostas . O xogo sen balón , o pase e vai e accións individuais estaban a romper o encontro . E así foi , a diferencia era máxima e xa co partido sentenciado só quedaba esperar o pitdio final do encontro .
Bó partido das miniguerreiras do Sutenor ainda que comezaron un pouco despistadas, bo cambio e actitude para poder darlle a volta a situación.
Seguimos o camiño marcado , queda moito ainda por xogarse pero agora toca parón ligueiro pola semana santa , e a categoría infantil feminina desprazase a Portugal para xogar o torneo internacional de Andebolmanía.
Forza culle.
Resultado final ; Bm Culleredo Sutenor 31- BM Sanxenxo 12.
Bm Culleredo Sutenor: Sara Fernandez, Sara Bello, Noa Otón, Eva Outón, Rosalia Veiga, Claudia Soto , Maria Otero, Helena Portas, Sara Villar, Thais Villaverde, Alba Fernández, Celia Gonzalez, Lola Romero, Sofía Meijide y Cintia Miguez.
Bm Sanxenxo : Lua Rodiño, Sara Salomin, Daniela Fandiño, Alexia Mosquera, Lia Fernandez, Sabella Outón, Irene Torres, Goretti Costa, Sara Novas, Laura Conde, Manuela Padin,
Parciales cada 5`: 2-0/4-3/8-4/13-4/16-6/19-7/20-10/24-11/27-11/31-12
Árbitros: Pablo Torreiro y Nico Vázquez.
Incidencias: Xornada 16 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón municipal de Almeiras , onde asisitiron uns 90 afeccionado o balonmán.