Saltar ao contido

A AFECCIÓN DO BALONMÁN CULLEREDO FAI PLENO EN ALMEIRAS

Sabendo o que o Fisioterapia Benestar xogábase na mañá do domingo, @s afeccionad@s quixeron sumar o xogador número 8 na pista de Almeiras.

Tocoulle sufrir, pero o Culleredo conseguiu 2 puntos moi importantes nesta recta final.

As cullerdenses chegaron a ir perdendo de 4, pero finalmente conseguiron darlle a volta, a un partido no que houbo practicamente de todo.

O Meaño aínda sendo un cadro de persoal curto, buscou a vitoria ata o final. Este encontro, apreta aínda máis as posicións que dan paso ás fases da final four. Separando un e dous puntos os equipos, o pase directo ou o pase obtido dunha praza a través dun partido contra o campión de Liga Prata, fai un final de Liga Ouro moi interesante.

As de Lucía Vilariño comezaron por detrás no marcador, pero foron crecendo no partido. Ao seu rival non lle serviu cunha xogadora que converteu en gol case cada balón que tocou.

A dez minutos do descanso, o conxunto cullerdense, conseguiu recuperar a diferenza, poñendo o marcador en empate, pero chegando á recta final do primeiro período con vantaxe (14-13).

As locais entraron á segunda parte do encontro coa mesma enerxía que a parte final da primeira parte e lograron un parcial de 3-0 nos 5 primeiros minutos (17-14). O Meaño trataba de facer fronte ás locais, pero as de culleredo estaban centradas e aproveitaron cada oportunidade para sumar.

O reto para o Fisioterapia Benestar estaba en manter a intensidade ata o final do encontro. Co marcador 23-23 e a dez minutos de concluír o partido, as visitantes, atoparon opcións para levar o partido.

Unhas contras das cullerdenses e unhas faltas de acerto de cara a portería por parte do Meaño, facían que o Fisioterapia Benestar abrira por última vez, un oco no marcador no tramo final, podendo así, levar a vitoria final.

Dous equipos con xogos similares, pero estratexias distintas, non defraudaron á afección que se achegou a Almeiras.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 32 (14+18): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Irene Rodríguez Fernández, Carmela Erias Vázquez, Noelia López Andreica, Adriana Vázquez Rivas, Sara Fraga, Claudia Soto García, Rosalia Veiga Vazquez., Nadia Martinez Garcia

BAR LAGE ASMUBAL MEAÑO 27 (13+14): María Beis Romero, Paloma González Moure, Carlota Gonzalo Carballo, Alba Domínguez González, Ainoa Álvarez García, Soraya García Prado, Claudia Beira Padin, Raquel Muñiz Díaz, Olalla Telmo Buceta, Noa Rodríguez Pazos

Parciais cada 5 min: 2-4/4-6/8-8/10-9/12-12/14-13 Descanso 17-14/18-17/20-20/23-23/26-25/29-27 Final

Colexiados: Nicolás Vázquez Santos e Jorge Sánchez Abuín, excluiron a Carla Muiño, Inés Cortegoso, Adriana Vázquez, polo equipo local.

Incidencias: Partido pertencente a 16ª xornada dá Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras con cheo absoluto nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *