Saltar ao contido

Vitoria contundente do Cristalería Gestal

Penúltima xornada desta 1º fase da Liga Prata para as nosas rapazas do Cristalería Gestal, ás que lle tocaba desplazarse a Vigo.

Coa terceira praza xa asegurada, tocaba gañar e esperar resultados para ver se era posible asaltalo segundo posto. Saltaban as nosas ao campo moi concentradas, atacando de forma moi efectiva e conseguindo chegar a situacións manifestas de gol sen problema gracias ao moi bo xogo sen balón. Na fase ofensiva, a pesares da intensidade, estábanos costando defendela situación de dobre pivote que nos plantexaba o equipo rival, sufrindo nas situacións de 2x2 na zona exterior. Co paso dos minutos irían as nosas axustándose e conseguindo solucionalo problema, obligando ás rivais a xogar con pases lateral-lateral que nos permitían roubar balóns e despegarnos definitivamente no marcador. A nosa defensa 5:1 estaba a ser moi sólida, pero ainda así certas situacións de despistes facíannos chegar tarde a algunhas axudas e xerar varios 7m a favor do equipo rival. Con todo irían as nosas gañándo de 17 ao descanso.

A segunda parte sería moi diferente, cun equipo local que foi de menos a máis, dando agora máis velocidade ao balón e xogando de forma máis clara, os nosos desaxustes defensivos tamén propiciaron que as rivais xerasen moito máis perigo e que o partido se convertese nun intercambio de goles. Conseguían as nosas nun momento volver de novo a ordearse e mostrarse sólidas en defensa, pero o cambio do equipo rival a xogar con 4 primeiras liñas despistaba ás nosas, que se vían algo perdidas enfrontándose a unha estructura inusual. Con isto apretaríase algo máis a segunda parte no tramo final, pero chegaríamos ao fin do partido cun contundente 21-42 a favor das nosas rapazas.

Partido moi serio, sobre todo na primeira parte das nosas rapazas e unha nova vitoria que é froito do gran traballo diario que levan a facer dende o 1 de agosto.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 42 (26+16) Tania, Sofía Meijide, Sofía Orge, Yasmín, Sara, Lola, Inés, Martina, Elena, Celia, Uxía, Simona.

A.D. Carballal: 21 (9+12) Ainhoa, Daniela, Noa, Carla, Vega, Uxía, Nerea, Aroa, Lola, Candela, Carmen, Valentina.

Árbitros: Rubén Iglesias e Jonathan Rodríguez, correctos durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 17ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *