Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada que nos acerca ao final das competicións para moitos dos nosos equipos, con partidos importantes e complicados para moitos deles e con un cuantioso número de encontros na casa.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS CATAPEIXE HOLIDAY APARTAMENTS AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA

O Bm Culleredo Cristalería Gestal afronta un novo encontro nestas derradeiras xornadas da competición ligueira, en fronte terá a unhas Choqueiras que creceron moito e xa nos deron por momentos problemas no partido de ida.

Toca agora xuntarse e facer un bo encontro para poder rematala competición nunha boa forma e prepararse para a fase final da tempada.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS SANXENXO BALONMÁN DISLAUSA

A segunda praza do campionato ligueiro segue en xogo, xa non se poden cometer erros para lograr tal posto ligueiro.

As nosas rapazas do Sutenor veñen concienciadas desta situación e iso nótase nos adeestramentos.

O rival, o último clasificado amosa unha mellora no xogo e virá a por todas a Culleredo.

Prométese un bo encontro onde o ambiente na grada será factor clave.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS AS CASIÑAS BM CANGAS

O Climanosa ven decidido a redimirse do anterior encontro e facer esta fin de semana un mellor partido.

A intensidade nos adestramentos está sendo moi boa e chegan os nosos moi motivados para dar un golpe na mesa e sumar unha vitoria nesta 2º fase ligueira.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS FERLOVI CARBALLAL BM

Os nosos miniguerreiros están nunha boa dinámica e non queren perder esta ocasión para poder estar máis preto de clasificarse á Final Four.

Ainda queda moito por diante, esta xornada o Nosolomadera enfróntase a un Carballal que tivo unha gran melloría colectiva e tamén opta a esos postos tan ansiados.

Será un bo partido onde os dous equipos amosarán o mellor deles.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS BAR LAGE ASMUBAL MEAÑO

Despois de vir dunha fin de semana cun resultado xusto, o Fisioterapeuta Benestar non ten tempo para relaxarse. Quizáis o partido máis clave da tempada sexa este domingo en Almeiras ás 11:30 horas.

Situado na sexta posición, o Culleredo, enfróntase ao equipo de Meaño situado na quinta posición da táboa clasificatoria, posto que da paso á Final Four .

As cullerdenses que perderon de tres en Meaño, sairán a por todo, sabendo a importancia dos puntos a estas alturas. Así que será un partido de alta tensión para os dous equipos.

(CM) IBERCONSA BM RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O BM.Culleredo Remax Riazor, afronta este próximo Sábado unha verdadeira final. Será un enfrontamento entre os dous primeiros clasificados do grupo que dará o título da liga Prata e, por tanto, a posibilidade de disputar a eliminatoria pola Final Four. É evidente que o que saia vencedor deste enfrontamento entre olívicos e cullerdenses terá moitas posibilidades de conquistar o campionato ligueiro e é por iso que os mozos do BM.Culleredo Remax Riazor, deberán de mostrar o seu mellor rendemento ante o bo conxunto vigués que ademáis actuarán á calor da súa aficción. O encontro disputarase o vindeiro domingo ás 13:00h no pavillón das Travesas.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS U.B. LAVADORES VIGO

O BM.Culleredo Galaico Caravaning, chega á terceira xornada do seu grupo na liga Prata con pleno de vitorias nesta segunda fase e ganas de referendar o seu excelente momento de forma e o crecemento experimentado ao longo da tempada. Non será tarefa fácil ante o conxunto olívico do B.M Lavadores, pero os de Culleredo, plenos de confianza, desexan mellorar a nivel defensivo e lograr unha maior regularidade en todas as fases do xogo para impoñerse nun novo e importante choque. O partido dará comezo ás 10:00h do Sábado no polideportivo de Almeiras.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS TECNELSA ASMUBAL MEAÑO

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, afronta esta eliminatoria ante o Asmubal Meaño coas ganas e a ilusión de poder vencer e facelo por un resultado amplo para, desta maneira, viaxar a Meaño con maior marxe despois do parón de semana Santa. O labor non será sinxelo e os cullerdenses deberán de enfocarse en mellorar os conceptos defensivos e facer da retagarda un bastión vital para as aspiracións nesta eliminatoria. O equipo terá que manter unha maior regularidade e evitar os erros non forzados que poidan dar facilidades aos visitantes. O partido disputarase o Domingo ás 10:00h no polideportivo de Almeiras.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS S.D. TEUCRO UIE

Cos deberes feitos hai semanas e por tanto, coa tranquilidade de estar xa directamente clasificados para o campeonato de España, o Bm Culleredo Sweepend afrontará este próximo Domingo (16:30h municipal de Almeiras) a última xornada da liga regular ante a S.D.Teucro. O obxectivo do equipo será conseguir unha nova vitoria mostrando unha maior regularidade que no último envite en Lalín e lograr con iso recuperar as mellores sensacións, para chegar ao momento final desta tempada na mellor das formas.

(SM) BM SAN JOSÉ OBRERO LANZAROTE VS SWEEPEND CULLEREDO

O Sweepend Culleredo, realizará esta próxima fin de semana a súa última viaxe ás illas afortunadas para enfrontarse, nesta ocasión, ao conxunto lanzaroteño do BM.San José Obrero. Será un encontro con moitas diferenzas físicas a favor dos locais, que lideran a categoría con certa solvencia ante os seus perseguidores, pero os cullerdenses, que atravesan polo seu mellor momento da tempada, esperan ser disciplinados a nivel táctico e levar ao seu máximo expoñente un plan de partido que lles permita competir ante o gran conxunto insular. Lamentar unha nova baixa por lesión, a do central Marcos Vázquez, que sufriría no adestramento de onte unha fractura do seu cuarto metacarpiano e deixa cun efectivo menos a primeira liña cullerdense. O encontro disputarase o Sábado ás 20.30 (hora canaria) no pavillón municipal de Titerroy.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *