Saltar ao contido

Momentos moi bos do Despreocúpate nun encontro moi difícil

Derradeira xornada desta 1º fase para os rapaces do Despreocúpate.es, ao que lles tocaba desprazarse á difícil pista do Carnes do Ribeiro, equipo que leva toda a tempada pelexando cos líderes da categoría.

Comezaban os nosos o encontro moi acelerados, tomando decisións precipitadas e permitindo aos locais subir de forma sinxela ao contraataque nestos primeiros minutos. A esta situación habería que sumarlle o acerto local en situacións de 2x2 no seu lado esquerdo, coas que comezaban a facernos moito dano. Conseguían desta forma os rivais irse 6 goles arriba xa no comezo do encontro.

Tocaba axustalo traballo a nivel ofensivo para poder meternos de novo no partido e competir. Xogando a partires de permutas para a toma de decisión dos nosos laterais e de cruces sinxelos para ampliar e abrir espazos, comezaban os nosos a xerar perigo. A maior calma e temple respecto ao comezo, reducía as nosas perdas e levaba aos rivais a un ataque estático no que os nosos lles prantexaban agora máis problemas aos ourensáns. A nosa defensa 5:1 estaba a funcionar e coa defensa nun bo momento tamén aparecía a portería, sacando 3-4 balóns crave que nos permitían que os rivais non aumentasen a diferenza, chegando 7 goles abaixo no marcador.

O excelente traballo feito nos derradeiros 18 min da primeira parte eran a cara dunha moeda que saeu cruz na segunda, cunha defensa moito menos comunicativa e máis dubidativa, aparecían numerosos erros que os rivais non desaproveitaban, abrindo xa unha brecha importante no marcador.

Co partido roto comezaban as dudas, trasladándose tamén a unha fase ofensiva na que estábamos máis acelerados, tomando decisóns precipitadas e de novo volvendo a caer nas perdas inxustificadas de balóns.

Un partido con 2 caras, pero na que se veu que este Despreocúpate.es pode plantarlle cara a calquera no momento no que mantemos a concentración.

Carnes do Ribeiro – Ourense Provincia Termal: 33 (18+15) Jose, Miguel, Álvaro, Gabriel, Adán, Samuel, Airas, Xoel, Denis, Lois, Iker, Luis, Aitor, Mauro, Marcos, Brais.

Bm Culleredo Despreocúpate.es: 21 (11+10) Adrián, Rubén, Bruno, Nicolás, Iago, Xoel, Lucas, Matías, Antón, Álvaro, Juanfran, Anxo, Mateo.

Árbitro: Diego Rivera, correcto durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *