Saltar ao contido

A REACCIÓN DEFENSIVA NO SEGUNDO TEMPO, CLAVE NUNHA NOVA VITORIA DO BM.CULLEREDO SWEEPEND

UPI INFORMÁTICA LALÍN vs BM CULLEREDO (youtube.com)

O BM.Culleredo Sweepend, conseguíu unha nova vitoria a domicilio, nesta ocasión, na sempre difícil pista do BM.Lalín. Non saíron tan intensos e concentrados os cullerdenses como nos teñen afeitos, tendo en conta que o resultado final non tería ningunha importancia a efectos clasificatorios. A pesar de mostrarse inusualmente erráticos e irregulares, especialmente nun dos seus puntos máis fortes, como é a retagarda, o BM.Culleredo Sweepend daba sensación de superioridade e de que en canto afinase o seu instrumental, podería levar o encontro ao seu dominio ante o gran rival que estaba enfronte. Foron quince minutos nos que os de Culleredo, aínda sen mostrar a sua mellor cara, mantíñanse por diante no electrónico, pero entón comezarían a aparecer de forma habitual e continuada numerosos erros no aspecto defensivo relacionados coa falta de axudas, coa escasa profundidade e coa distancia entre postos lindeiros que favorecían os 1x1 e os lanzamentos exteriores do conxunto dezán. Foron momentos de absoluto desconcerto no que o conxunto de Culleredo sumíase nun mar de dúbidas a mercé do seu rival, encaixando dezasete goles no primeiro acto e retirándose aos vestiarios cunha desvantaxe de catro (17-13). Na volta ao 40x20 do maxestoso Lalín Arena, os xogadores do conxunto de Culleredo tiñan claro o plan a seguir para voltear a diferenza e que isto pasaba por aumentar sen marxe de erro as prestacións defensivas. Conxurados como colectivo neste aspecto, o BM.Culleredo Sweepend lograría realizar un esforzo encomiable para encaixar tan só seis goles nos segundos trinta minutos e desa forma, voltear o marcador para acabarse impoñendo por tres goles de diferenza (23-26) ante un dos posibles rivais que se atoparán na próxima Final Four da categoría.

UPI Informática Lalín: 23 (17+6). David Failde, Alejo Varela, Jaime Conde, Juan Ramón Villar, Sergio Munín, Miguel Ramos, Diego Vázquez, Pablo López, Pablo Pérez, Alejandro Lalín, Adrián Hermida, Mario García, Xosé Cuiña, Brais Cangado, Brais Gavieiro, Miguel Aller.

BM. Culleredo Sweepend : 26 (13+13). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Antón Pérez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez, Felix Noya.

Parciais cada 5´: 2-4 / 5-7 / 9-8 / 12-9 / 15-11 / 17-13 / Descanso / 19-16 / 19-18 / 21-20 / 22-21 / 23-23 / 23-26 / Final.

Colexiados: Christian García e Sara Gómez.

Incidencias: Partido correspondente a 17ª xornada da Liga Ouro en categoría xuvenil. Encontro disputado no pavillón Lalín Arena con seguidores de Culleredo nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *