Saltar ao contido

O NOSOLOMADERA APRETA E XA ESTÁ EN POSTOS DE PLAY OFF.

O Balonmán Cullerdo Nosolomadera visitaba a mítica pista da Bombonera en Redondela para xogar contra a SAR Nosaatún un rival compricado que recibe moitos goles pero tamén os marca , de ahí a problemática do encontro .

O encontro comezou con moita igualdade tanto nos aspectos defensivo coma ofensivos. Os dous equipos propoñian unha defensa 5:1 onde primeiro a Sar estaba a encontrar espacios no centro da defensa cullerdense e o Nosolomadera encontraba os espacios por zonas exteriores . Pouco a pouco o Nosolomadera comezou a ter un. pouco máis de solidez defensiva sobre todo no centro da defensa , isto provocaba que os ataques do equipo local tiveran que dar un pase máis e hacia zonas menos efectivas , o que provocaba erros de lanzamento ou de pase . Isto o aproveitaba o equipo cullerdense para comezar a ter pequenas vantaxes no electrónico que daban un pouco máis de tranquilidade ao ataque ainda asi certas pérdidas de balón no contragolpe impedían que o Nosolomadera tivera unha vantaxe máis ampla no marcador . As transformación de primeira liña na fase ofensiva non estaban a dar moito rédito ao ataque cullerdense que ainda ten que axustar o tempo e espacio nestas accións.

Resultado ao descanso: Sar Nosatún 16- Bm Culleredo Nosolomadera 19.

Na segunda metade o Nosolomadera estivo moito máis sólido a nivel defensivo , o traballo incansable e activo no posto do avanzado de Martin Casal estaba a descompoñer nun mar de dudas o ataque do equipo local . O equipo estaba máis cómodo a nivel defensivo e isto daballe máis tranquilidade para afrontar a fase ofensiva que nesta segunda parte si estaban a sair o procedimentos de transformacións ou as conexións de 2x2 co pivote .

Unha segunda parte moito máis regular do Nosolomadera da os dous puntos en Redondela ,moi bo traballo a nivel defensivo , que foi capaz nesta segunda metade de poder ser máis compacto e máis solidario para poder reflexar ese traballo semanal que están a facer estes rapaces .

Seguimos no camiño marcado , entramos na recta final do campionato para poder estar nunha nova Final Four que daría dereito o pase o campionato de España.Queda moito que traballar e sufrir, para iso esta semana retornamos entrenamentos e a seguinte semana tocará disfrutar na viaxe o torneo de Andebolamanía un torneo cheo de experiencias que serán inolvidables para moitos de eles.

Resultado final: Sar Nosatún 27- Bm Culleredo Nosolomadera 37.

Sar Nosatún(16+11):Xian Fernández, Martín Barrio,Jose Ramón Gónzalez, Bruno León, David Sampil,Kevin Bon,Mario Cruz,Iván Pérez, Manuel Pereira.

Bm Culleredo Nosolomadera(19+18):Sebastián Ponte, Mateo Basanta, Iván Gantes, Martin Casal , Jacobo Soto,Alejandro Soto, Teo Gómez, Alexis Martinez, Antón Rodriguez, Mauro Fernández, Javier Orge, Antón Mendez, Iago Bolaños,Carlos Negreira.

Árbitros: Ainhoa Rodriguez, Iria Rivera

Incidencias:Xornada 15 da liga de Ouro infantil masculino , disputado no pavillón da Bombonera en Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *