Saltar ao contido

VICTORIA PARA ASEGURAR A TERCEIRA PRAZA E LOITAR POLO SUBCAMPIONATO.

As nosas miniguerreiras volven cos dous puntos dende A Cañiza , dous puntos que amarran a terceira posicion no campionato ligueiro e non perden hilo para loitar polo subcampeonato ligueiro.

O Sutenor comezaba dunha boa maneira o encontro xa no minuto 5 o marcador estaba balanceado cara o equipo cullerdense parcial de 1-5 , superando a defensa 3:3 do Cañiza e dando unha boa regularidade na fase defensiva onde os sistema 5:1 vai asentandose pouco a pouco.

Tras este parcial o Cañiza pasou dun sistema 3:3 a un 6:0 tras o tempo morto solicitado polo equipo local , a partir de ahí o Sutenor cambiou de estratexia, xa non habia tanto espacio para desmarcarse e comezou o xogo de dar velocidade ao balón e penetrar fortemente entre a defensa cerrada do Cañiza. O Sutenor estaba a conseguir éxito ofensivo e a nivel defensivo co paso dos minutos o equipo tamén estaba cómodo , cada vez máis cómodo ainda que con erros. Nos últimos minutos da primeira parte eses erros foron en cremento e o Cañiza aproximouse ata estar a 4 goles por debaixo do Sutenor. Con isto chegou o descanso , cun Sutenor que viase superior en moitos aspectos do xogo.

Resultado o descanso : Bm Cañiza 13- Bm Culleredo Sutenor 17.

A segunda metade tivo a mesma tónica que os minutos finais da primeira, os ataques estaban a vencer as defensas. Aunque a veces o ataque tivera éxito pàra encontrar boas situacións por parte do Sutenor as extremos non estaba a ter un día atinado , e moitos lanzamentos foron errados o que podia ofrecer unha vantaxe máis amplia no marcador . Si que é verdade que hai un cambio neste posto , sobre todo a nivel defensivo , as exteriores si que concederon lanzamentos tamén pero como se dicia , hai un cambio , que tamén se reflexou no partido contra o Porriño , agora as exteriores movense, interceptan ,axudan , están activas e isto e un plus para a defensa colectiva , isto e o que marca unha actitude defensiva pese a ter erros.

O partido continuou onde o Sutenor foi relativamente un equipo regular , con altibaixos si.. pero e o normal en estas idades, e cando o Cañiza puido acercarse, o colectivo do Sutenor apretou de novo para afianzar un resultado que propicia que o Bm Culleredo Sutenor asegure a terceira praza do campionato ligueiro que poida loitar por un subcampionato ligueiro , algo que non ten precendentes en toda a historia do clube. Isto só é posible por este grupo de traballo que dende agosto ven traballando, sufrindo , loitando , chorando , divertindose e sobretodo competindo polo compromiso que ten este grupo .

Noraboa ao Sutenor que está moi preto de poder xogar por primeira vez no Balomán Culleredo un campionato de España de clubes base. Ainda queda moito que o seguinte obxetivo paso a paso e o Sanxenxo Balonmán e como non un ano máis , a viaxe de Andebolmanía onde novamente experimentarán novas experiencias como grupo.

Forza Culle.,

Resultado final : Bm Cañiza 22- Bm Culleredo 26.

BM Cañiza (13+9): Zaira Castro,Paula Alen, Olaya Piñeiro,Laura Loira,Alexandra Sande,Nohara Vázquez, Almudena Trujillo, Maria Giráldez,Valeria Carreira.

Bm Culleredo Sutenor(17+12):Sara Fernández, Sara Bello, Alba Martinez, Thais Villaverde, Alba Fernández, Noa Otón, Lola Romero , Claudia Soto, María Otero, Eva Outón , Helena Portas, Celia González,Sara Villar y Rosalía Veiga.

Parciales cada 5`: 1-5/4-8/6-12/9-14/13-17/15-19/17-21/18-23/22-26-23/29

Árbitros: Nicolas Nuñez y Nicolas Fernández

Incidencias: Xornada 15 da liga de Ouro infantil femenina , disputado no pavillón do Polvorín en A Cañiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *