Saltar ao contido

O GALAICO CARAVANING TAMÉN SABE SUFRIR PARA LOGRAR A VICTORIA

O Galaico Caravaning visitaba ao Bm Cañiza no seu mítco pavillón O Polvorín.

Os dous equipos viñan de conseguer a primeira victoria nesta segunda fase e tiñan como obxetivo seguir nesta dinámica.

O encontro comezaba cun Galaico Caravaning que plantexaba un sistema 6:0 para poder estar sólidos na fase defensiva e así poder obstaculizar o ataque rival cunha gran densidade defensiva en zona de balón. O equipo estaba a ter dificultades pero pouco a pouco se ian crecendo a nivel defensivo para poder sair o contragolpe . Aínda asi na fase defensiva estabamos a ter problemas coa basculación defensiva.

Na fase ofensiva nos primeiros compases houbo algunha pequena descordinación colectiva pero o equipo iase asentado co paso dos minutos ata coller unha vantaxe de 4-5 goles. O equipo ia a máis e sobretodo a nivel ofensivo estaban a ser moi superiores que o equipo de Cañiza.

Resultado o descanso .Bm Cañiza 15 - Bm Culleredo Galaico Caravaning 22.

A segunda metade comezaba case coa mesma dinámica pero ainda co máis problemas defensivos onde o Galaico Caravaning no estaba cómodo ,as liñas estaban moi abertas e as axudas non chegaban . O ataque do equipo cullerdense estaba a nivelar os pequenos fallos a nivel defensivo e chegábase a intermedio da segunda parte cunha ventaxa de 5 goles que pouco a pouco sería reducida polo equipo local , xa que desaxustes na fase defensiva e moitos erros no ataque propiciaba que o equipo local viñerase arriba para poder remontar o encontro . Pero os nosos rapaces do Galaico Caravaing non ian a soltar o encontro que foron gañando merecidamente durante todo o tempo. Era unha situación compricada xa que o equipo rival ia a máis pero con sufrimento e compromiso o grupo uniuse sobretodo nos últimos compases a nivel defensivo e puideron frear a embestida local para poder asegurar 2 puntos máis que lle otorgan estar lider empatado a puntos con Lalín.

Noraboa rapaces por que non todos os encontros son fáciles , cada encontro ten a súa casualistica e hai que estar preparado para todo, e estes rapaces o demostraron con sufrimento e constancia.

Forza Culle.

Resultado final : BM Cañiza 33- Bm Culleredo Galaico Caravaning 35

Bm Cañiza: Iker Ribeiro,Ismael Dahan,Anxo Vázquez, Sergio Costas, Roi Alvarez,Jairo Dominguez, Gabriel Dominguez, Fabián Dominguez, Raul Cobas.

BM Culleredo Galaico Caravaning: Jorge Amor(p),Hugo Nodar(p),Mateo Negreira, Alex Tajes, Victor Laya, Hugo Bregua,Pablo Ares, Diego Rodriguez,Jairo Candamio, Adrián Aneiros, Teo Gómez, Hugo Bermúdez.

Parciales cada 5`: 2-4/5-6/7-11/11-15/13-18/15-122/17-23/19-26/23-28/26-31/29-32/33-35.

Árbitros: NIcolas Nuñez, Nicolás Fernández.

Incidencias: Xornada 2 da 2ª fase da liga cadete masculino prata, disputada en Cañiza no pavillón do Polvorín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *