Saltar ao contido

CHOQUE EXPLOSIVO EN LAVADORES

O cadete de Balonmán Feminino de Culleredo, certificou este domingo que quere facerse cunha praza na Final Four a falta de tres xornadas para rematar a Liga de Ouro.

A vitoria das cullerdenses por 31-32 na pista de Lavadores, permítelles situarse a un punto da quinta posición, o que aseguraría unha praza para a Final Four.

O Fisioterapia Benestar está a completar unha segunda volta soñada para acadar postos con obxectivos importantes. Neste punto, a metade da táboa está no limbo, onde hai movemento cada fin de semana.

Activo desde o inicio do partido, o Fisioterapia Benestar, mantivo a raia o Lavadores, chegando ao descanso cunha cómoda vantaxe (12-18).

Unha segunda parte tola e máis agresiva, onde o Lavadores recurtaba diferenzas, repetía case a mesma situación que en Culleredo, e unha vez máis a balanza se decantaba por parte das cullerdenses.

Nin sequera as numerosas exclusións ó equipo visitante, mermou a actitude no campo, a pesar de que o equipo local cambiou o sistema defensivo que lle deu bos resultados.

Moito en xogo ante un Lavadores que non o puxo fácil, pero dous merecidos e traballados puntos de principio a fin por parte do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar.

ANUBIA LAVADORES VIGO 31 (12+19): Olga Tejerina Hermida, Carla Garrido Conde, Noelia Villaravid Lede, Iris Santana Cacabelos, Irea Cabezas Baamonde, Carmen Martinez Noguerol, Lara Fernández Solla, Noa Miguez Méndez, Sofía Rial Rodríguez, Sabela Sánchez Veiga, Aroa Fernández Fernández, Sara Limes Pérez, Anxela Rey Penas

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 32 (18+14): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Irene Rodríguez Fernández, Carmela Erias Vázquez, Noelia López Andreica, Adriana Vázquez Rivas, Sara Fraga

Parciais cada 5 min : 2-3/3-4/6-5/7-10/11-15/12-18 descanso 16-21/17-25/18-27/23-29/27-32/31-32 Final

Colexiados: Jonathan Rodríguez Vázquez e Rubén Iglesias Álvarez  excluiron a Carla Muiño, Paula Peteiro, Lúa Fernández, Antia Ferreño, Sara Fraga polo equipo visitante e a Carla Garrido, Noelia Villaravid, Lara Fernández, Sofía Rial polo equipo local.

Incidencias: Partido pertencente a 15ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Lavadores cunha boa entrada de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *