Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, CONTINUA CON PASO FIRME NA SEGUNDA FASE DO CAMPIONATO

O BM.Culleredo Remax Riazor, impúxose con solvencia á S.D.Teucro AYF Corredurías e continua con paso firme o seu periplo nesta segunda fase do campionato. Os cullerdenses, que comezaron excesivamente tensionados e aloucados o encontro, finiquitaron o envite nun segundo tempo no que tan só encaixaron oito goles e saen reforzados pola solvencia coa que se conseguiron os dous puntos ante un bo equipo. Tras un comezo errático e irregular, o BM.Culleredo Remax Riazor iríase asentando no 40x20 do municipal de Almeiras para conseguir as primeiras vantaxes (6-3 minuto 10) e empezar a mostrarse superior ao seu rival. A retagarda, aínda con algúns desaxustes nas disuasiones impares e na cadea de axudas, conseguía crear non poucas dúbidas ao ataque pontevedrés e de aí xurdían perdas ou interceptacións que daban paso á velocidade no contragolpe dos locais. Desta forma, dun 11-8 que reflectía o marcador no paso polo minuto vinte, pasaríase ao 20-12 que pechaba o primeiro acto e que supoñía unha importante diferenza para afrontar a continuación. No segundo tempo, os cullerdenses pecharían filas ante a súa portería e, a medida que a fatiga facía efecto no seu rival, conseguirían ampliar progresivamente a diferenza grazas ao alto ritmo establecido a partir do éxito defensivo e con continuidade no contraataque. No posicional, o BM.Culleredo Remax Riazor mostrábase solvente, conseguindo espazos efectivos cara a gol a través do xogo co pivote ou cos lanzamentos ou penetracións da súa primeira liña. Bo partido por tanto dos mozos de Culleredo ante un rival serio e de nivel que deixa sensacións positivas de fronte ao transcendental partido que o equipo disputará a próxima semana en Vigo ante o Reconquista.

Bm Culleredo Remax Riazor: 42 (20+22): Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Iago Bolaños (P), Iago Allegue, Jorge Outón, Fabián Manzo , Teo López, Hugo Rodríguez, Roi Fernández, Xoán Canedo, Xoán Bello, Jaime Serrano.

SD Teucro AYF Corredurías 20 (12+8): Xabier Vidal, Pedro Calvo, Hugo Pérez, Diego Ríos, José Antonio Díz, Rodrigo Iván Louro, Mateo Jiménez, Mauro Jiménez, Martín González, Jorge Carbajal, Manuel Fariña, Mateo Carbajal, Pablo Matías, Javier Matías.

Parciais cada 5`: 2-2 / 6-3 / 9-5 / 11-8 / 16-9 / 20-12 / Descanso / 26-11 / 30-13 / 33-15 / 36-17 / 38-18 / 42-20 / Final.

Árbitros: Luis Daniel Arias, Martina Regueiro.

Incidencias: Xornada 2 da segunda fase da Liga Prata polo posto 1-6 , disputada no pavillón municipal de Almeiras con boa entrada de público e siareiros das dúas afeccións..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *