Saltar ao contido

Previa da xornada

Xornada con minibalonmán para os/as máis pequenos/as do clube na mañá do domingo e unha xornada chea de desprazamentos para os nosos equipos de base, que terán que afrontar desprazamentos a pistas complicadas, nun momento decisivo en moitas das competicións.

(IF) U.B. LAVADORES VIGO VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

O Bm Culleredo Cristalería Gestal afronta unha penúltima xornada cun desprazamento máis complicado do que asemella a primeira vista. Sen embargo, chegan as nosas a esta penúltima xornada da 1ª fase, nun momento de forma moi bo, tras gañarlle ás 2ª clasificadas, veñen moi motivadas e preparadas para afrontalo que queda.

(IF) DURÁN BARCIA BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO SUTENOR

Nova proba para o Bm Culleredo Sutenor, que ven dun encontro donde a fase defensiva foi determinante. Agora toca ver se serán capaces de repetilo nun pabellón moi difícil, para sumar unha nova vitoria.

(IM) SAR NÓS ATÚN VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

O Nosolomadera quere encadenar 2 vitorias consecutivas e non perder a loita polos postos que dan acceso á Final Four, para iso a concentración e a itensidade defensiva serán esenciais para poder levarse os dous puntos de Redondela.

(CF) U.B. LAVADORES VIGO VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

O Bm Culleredo Fisioterapia Benestar desprázase este domingo día 17 a partir das 11:30 horas ao Lavadores, no Pavillón Municipal de Lavadores, partido da xornada 15.

Chega o Culleredo tras lograr a pasada xornada na casa, unha importante vitoria ante As Choqueiras, polo que agora buscará encadear outra vitoria lonxe do seu pavillón para achegarse aínda máis á quinta praza.

As cullerdenses dispoñen dunha segunda volta con maior nivel de xogo que nas primeiras xornadas, con variacións tanto en defensa como en ataque, o que lles fixo manterse nos postos medios da Liga Ouro.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS S.D. TEUCRO AYF CORREDURÍAS

O BM.Culleredo Remax Riazor, afronta este próximo Sábado o primeiro encontro como local nesta segunda fase polo título na liga Prata. Despois da contundente vitoria en Porriño a semana pasada, os cullerdenses recibirán ao Teucro AYF Corredurías co obxectivo de conseguir dous novos puntos que os afiancen na parte alta da  táboa. O encontro disputarase ás 18:30h no polideportivo de Almeiras e o equipo de Culleredo deberá de afianzarse e consolidarse desde a súa retagarda para poder despregar o xogo veloz e de alto ritmo na transición. No posicional, os de Culleredo deberán de ser disciplinados no aspecto táctico e conseguir un alto ritmo de balón no xogo colectivo.

(CM) XESTASERVI BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING

O BM.Culleredo Galaico Caravaning, viaxa á Cañiza para enfrontarse ao conxunto locatario co obxectivo de lograr unha nova vitoria. Despois do gran partido ante o Cisne de Pontevedra a fin de semana pasada, o BM.Culleredo Galaico Caravaning debe de seguir mostrando ese gran crecemento e mellora no seu xogo e, especialmente, conseguir unha regularidade que lle leve a manter unha liña homoxénea en todas as súas actuacións. o encontro disputarase o sábado ás 10:30h no Municipal da Cañiza.

(XM) CARNES DO RIBEIRO – OURENSE PROVINCIA TERMAL VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, viaxa a Ribadavia para poñer fin á primeira fase da competición ligueira. O encontro, que se disputará no pavillón de O Consello ás 12:30h, será unha oportunidade para medirse a un dos mellores equipos da categoría e poder resarcirse da derrota sufrida como locais a pasada semana ante o Galitráns BM.Pontedeume. Para eso, o conxunto cullerdense deberá de funcionar a un nivel sobresainte en todas e cada unha das fases do xogo, sendo a colaboración entre defensa e portería vital ante o potencial da primeira liña locataria.

(XM) UPI INFORMÁTICA LALÍN VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Co obxectivo da segunda praza do campionato ligueiro conseguido e, por tanto, o privilexio de organizar a Final Four que dá acceso ao campionato de España, o BM.Culleredo Sweepend desprazarase este próximo Domingo a Lalín para enfrontarse ao UPI Informática Lalín nun encontro vital para os locais (Lalín Arena 17:00h). Aínda que cos deberes xa feitos, os cullerdenses desexan terminar esta competición regular coas mellores sensacións e así afrontar a Final Four con tan só dúas derrotas encaixadas. A recado que o conxunto de Culleredo deberá de mostrar o seu mellor nivel no maxestoso pavillón do Deza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *