Saltar ao contido

Gran vitoria do Cristalería Gestal

As rapazas do Cristalería Gestal afrontaban na tarde deste domingo un moi difícil reto, xogar contra as segundas clasificadas da categoría, a A.D. Carballal.

Chegaban as nosas a este encontro moi motivadas e sabendo moi ben cales serían as craves para gañalo. Comezaban as nosas cunha defensa 3:3 moi presionante, buscando roubar balóns na media pista, pero o bo xogo sen balón das visitantes servía para superar con relativa facilidade a defensa das nosas. Sumado a isto, as nosas pagaban o seu nerviosismo con precipitacións e perdas de balón en ataque, permitíndolle as viguesas sair ao contraataque con facilidade.

Cambiaba o plan do encontro, plantexando unha defensa 5:1 coas segundas profundas para cerrar máis os espazos e freala rápida circulación de bola das rivais. A defensa comezaba a funcionar, coas nosas máis xuntas para sobre todo poder axudarnos máis na zona da súa xogadora máis perigosa, tendo como único camiño ao gol as accións individuais. Na faceta ofensiva comezaban as nosas a amosar unha maior seguirdade e chegando a claras ocasións de gol a partir dun bo xogo sen balón e abrindo á defensa rival.

Reanudábase o encontro na segunda parte coas nosas 1 gol por debaixo, pero a gran actitude coa que saltaron ao encontro permitíalle ás nosas facer un moi bo parcial de 3-1 e darlle a volta ao marcador, pasando a presión ás rivais, que se vían atascadas en ataque e sufrindo co bo xogo das nosas en ataque.

Entraba agora o partido nun momento de dominio cullerdense, que conseguía forzar situación favorables en defensa, aparecendo tamén a nosa porteira e subir rápidamente na 2º oleada para anotar con facilidade e cerralo encontro.

Gran partido das nosas, que amosan unha vez máis que se se concentran son un gran equipo!

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 29 (12+17) Sofía, Sara, Cintia, Aitana, Inés, Martina, Elena, Uxía, Simona, Lola, Celia.

A.D. Carballal: 24 (13+11) Daniela, Olalla, Antía, Sabela, Nerea, Estela, Madeline, Claudia, Antía, Candela, Lara, Zoe.

Parciais cada 5 min: M 2-3 / 4-7 / 8-9 / 10-11 / 12-13 / DESCANSO / 15-14 / 20-18 / 21-20 / 25-20 / 29-24 / FINAL

Árbitro: Paula Peteiro, correcta durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *