Saltar ao contido

A falta de intensidade defensiva condea ao Óptica Gallaecia

Daba comezo esta fin de semana a segunda fase da Liga Prata infantil masculina, debendo desprazarse os rapaces do Óptica Gallaecia a Meaño para afrontar este primerio encontro fronte ao Asmubal Meaño.

Comezaba o encontro e víase a gran desigualdade existente no plano físico e antropométrico, cun Meaño moito máis grande e forte que nos facía sufrir moito en situacións de 1x1. Coa nosa defensa 3:3 intentando obligalos a xogar lonxe da portería, non éramos quen de frealas acometidas rivais, non chegando a tempo ás axudas e véndonos arrastrados pola superioridade física dos locais. Sumando os erros defensivos a todo isto estábamos encaixando goles a un ritmo demasiado alto, soamente véndonos salvados polos erros de lanzamento rivais. A nivel ofensivo o equipo estaba a funcionar a pesares do mal arranque, chegando a situacións claras de lanzamento dende os extremos, nos que non rematábamos de ser eficaces. Chegaríamos ao descanso tan só 6 goles abaixo.

Comezaba un segundo tempo que se antoxaba compricado, pero os nosos tiñan na mente competir ao máximo para apretalo marcador, sen embargo uns primeiros 12 min desastrosos en ataque regalábanlle balóns de forma contínua aos rivais que acadaban 11 goles seguidos de contraataque. Tocaba axustar o momento de pase e desmarque en ataque para reducilas perdas e o Óptica Gallaecia xa parecía o equipo que acostuma a ser, pero os erros de lanzamento impedíannos competir.

Mal partido do Óptica Gallaecia ante un rival que non é tan superior, toca reflexionar acerca dos erros e traballar para corrixilos.

Rafunco Asmubal Meaño: 50 (22+28) Sorín, Miguel, Óscar, Marcos, David, Martín, Asier, Alejandro, Raul, Sergio, Izan, Xoel, Julián, Pablo.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 30 (16+14) Fran, Anxo, Pablo Penelas, Pablo Hermida, Aitor, Hugo Fariña, Hugo Nodar, Aarón, Jacobo, Iván.

Árbitros: Joaquín Iñaki e Zaira Otero, correctos durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da 2º fase da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *