Saltar ao contido

O ASPECTOS DEFENSIVOS DAN OS 2 PUNTOS AO SUTENOR

Paso de xigante para o Sutenor esta fin de semana ,que recibia a un Balonmán Porriño que viña dunha dinámica ascendente conseguindo puntos moi valiosos nesta segunda volta da competición.

O encontro comezaba cun Sutenor excepcional na fase defensiva , plantexando un sistema 5:1 con superioridade numérica na zona de balón onde intetabase obstaculizar ao rival a toda costa sobretodo cerrando o centro da defensa. Isto propiciou moitas pérdidas de balón por parte do equipo visitante , erros forzados para que o Sutenor puidera recuperar o balón . Isto deu un resultado fantástico para o Sutenor que via como no minuto 14 tan só había recibido 3 goles e a fase ofensiva ante a defensa 5:1 estaba a ser tamen exitosa , as chegadas sen balón de Claudia Soto estaban a ser un pesadelo para a defensa de Porriño que chegaba ao descanso cun Bm Culleredo Sutenor 16 - Bm Porriño 8.

A segunda metade estivo tamén marcado pola intensidade e sobretodo solidaridade das defensoras do Sutenor que en todo momento mantiveron unha gran intesidade para poder frear o ataque porriñes , que nesta ocasión non estaba a estar tan atindado como nos últimos encontro contra o Sutenor.

A efectividade na fase ofensiva persistía nesta segunda parte, o Sutenor non notaba os trocos realizados e o equipo seguía nunha boa dinámica nas dúas fases .

Magnifico encontro das nosas rapazas do Sutenor que probablemente xogaran o encontro máis completo da tempada , non é fácil recibir tan só 3 goles en 15 minutos e iso dí moito do esforzo , compromiso e solidaridade que está a manter este grupo neste tramo final de tempada no que están probablemnte en xogo varias prazas directas para o campionato de España e prazas para o Play Off onde tamén se disputará unha praza para dito campionato . Moito en xogo nestes últimos compases de tempada onde os equipo terá que poñer todo o traballado durante o ano para poder conseguir esas prazas tan ansiadas.

Resultado final Bm Culleredo Sutenor 30 - Bm Porriño 19

Bm Culleredo Sutenor 30 (16+15): Sara Fernández, Alba Fernández, Thais Villaverde, Eva Outón, Noa Otón, María Otero, Lola Romero, Sara Villar, Helena Portas, Rosalía Veiga, Claudia Soto , Sofía Meijide.

Bm Porriño 19 (8+11) : Carol Fernández, Noa Montero, Lorena Martinez, Daniela Rodriguez, Lisbeth Guitan , Xiana Ferreira, Daniela Fernández, Nagore Pichel, Julia Maceiras.

Árbitros: André Pena, Iago Allegue

Incidencias: Xornada 14 da liga infantil femenina de Ouro ,disputada no pavillón municipal de Almeiras, Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *