Saltar ao contido

A MELLORA DEFENSIVA DÁ OS 2 PUNTOS AO NOSOLOMADERA

O Nosolomadera recibia en Almeiras aos noso veciños do Balonmán Abegondo , o último clasificado da táboa ligueira.

O Comezo do encontro viuse unha pequena igualdade no comezo pero cunha tendencia favorable ao Nosolomadera. O equipo cullerdense propoñia unha defensa 5:1 con superioridade numérica en zona de balón onde o equipo sabia que era indispensable correr o máis rápido posible a zona do balón para poder obstaculizar o máximo ao equipo de Abegondo. Isto o principio provocaba erros na defensa cullerdense que foron correxidos pouco a pouco , ainda asi o equipo estaba a ter éxito defensivo , tanto nas interceptacións de balón coma defendedo a zona central defensiva , tendo unha gran densidade defensiva nesa parcela tan importante na fase defensiva.

Na fase ofensiva o Nosolomadera tiña que loitar ante unha defensa 5:1 que propoñia o equipo visitante. Ante esta defensa o Nosolomadera propoñia continuamente transformacións de lateral dereito no que posibilitaba accion de 3x2 en zonas exteriores onde o ataque era capaz de resolver para poder ter éxito en ataque .

O resultado no descaso foi de Bm Culleredo Nosolomadera 22- Bm Abegondo 11.

A segunda metade tivo a mesma tónica o equipo seguiu moi disciplinado a nivel defensivo onde conseguia accións moi positivas para poder sair rápido o contrataque ou pola contra realizar accións ofensivas construidas colectivamente.

As superioridades numéricas que se diron en moitos momentos do encontro se foron correxindo para poder ter unha boa eficacia e finalización.

O Nosolomadera tivo un encontro onde foi superior en todo o momento pero todo isto ven do traballo por semana. Bó traballo por semana b ó traballo o fin de semana independentemente do resultado .

Noraboa por estos dous puntos, seguimos traballando para poder estar o máis arriba posible neste tramo final de tempada onde está en xogo as prazas do Play Off para loitar por unha praza para o Campionato de España.

Forza Culle,.

Resulltado final : Bm Culleredo Nosolomdera 38- Bm Abegondo 21

Bm Culleredo Nosolomadera:38(22+16) Mateo Basanta, Sebastián Ponte, Martin Casal, Isaac Lorenzo, Mauro Fernández, Alexis Martinez, Teo Gómez, Iván Gantes,Antón Rodriguez, Alex Soto, Javier Orge.

Bm Abegondo21(11+10): Unai Hermida, Hugo Baamonde, Mateo Fernández, Breixo Reigosa, Luca Verdemas, Teo García, Asier Fernñandez, Sergio Moscoso, Roque López, RomáN Fernández.

Árbitros: Iago Allegue y André Pena

Incidencias: Xornada 14 da liga de Oro infantil masculina , disputada no pavillón municipal de Almeiras -Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *