Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND ASEGURA MATEMATICAMENTE O SEGUNDO POSTO NA LIGA OURO

O BM.Culleredo Sweepend, afrontaba esta fin de semana un dobre enfrontamento do que podía saír co obxectivo cumprido en caso de saldar ambos os envites con vitoria. Se o Sábado os cullerdenses recibían ao BM.Reconquista de Vigo en Almeiras, o Domingo viaxaban ao Rosal para enfrontarse ao Valinox Novás.

Na primeira confrontación, os de Culleredo mostráronse moi superiores, non dando ningunha opción ao seu rival. Pouco tardaron en poñer terra polo medio e, facéndose fortes desde un consistente 6:0, foi establecendo a cada paso diferencias máis amplas ata terminar o primeiro tempo cun 22-14 que evidenciaba a superioridade local. Nun segundo acto aínda máis diferenciador, o BM.Culleredo Sweepend aumentaría os algarismos, sendo letais nas transicións a partir do bo facer defensivo que provocaban numerosos erros no seu rival e interceptacións que daban paso á velocidade no contraataque. Cos olívicos desbordados en todas as fases do xogo, os de Culleredo asinaban a primeira vitoria desta fin de semana por un contundente 44-25.

BM. Culleredo Sweepend : 44 (22+22). Marco González (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Antón Pérez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez, Felix Noya, Xoel Insua.

BM.Reconquista De Vigo: 25 (14+11). Nico Díez, Simón Vázquez, Isaac Mani, Sergio San Millán, Diego Armesto, Nicolás Fdez, Fernando Jesús Murillo, Hector Rodríguez, Sergio Reinaldo, Asier Vázquez, Aarón Rodríguez.

Parciais cada 5´: 4-2 / 7-5 / 12-8 / 15-11 / 17-14 / 22-14 / Descanso / 26-15 / 32-16 / 36-18 / 38-20 / 42-23 / 44-25 / Final.

Colexiados: Pablo Torreiro e Paula Peteiro.

Incidencias: Partido correspondente a 16ª xornada da Liga Ouro en categoría xuvenil. Encontro disputado en Almeiras con boa afluencia de público.

Valinox Novás & BM Culleredo Sweepend 10/03/24 (youtube.com)

O segundo encontro da fin de semana, non permitíu ningunha relaxación por parte dos cullerdenses, que aínda que foron superiores e dominaron o partido, atopáronse cun bravo rival enfronte, sempre competitivo e dando unha lección de decoro os de O Rosal. O BM.Culleredo Sweepend sempre mostra unha gran fiabilidade defensiva e eso levoulle tamén o Domingo para ter tranquilidade e non ver en apertos a vitoria a pesar de non realizar o seu mellor partido no posicional. A primeira ruptura prodúcese co 4-4 despois de dez minutos xogados. É entón cando os de Culleredo logran un 1-4 de parcial despois doutras tantas defensas positivas e as sucesivas finalizacións en contragolpe, obrigan ao técnico local a solicitar o seu primeiro tempo morto (5-8). O Sweepend Culleredo xa non perdería a renda e retiraríase ao vestiario dominando por un cómodo 9-14. Na continuación, de novo a combinación entre o bo facer defensivo e a velocidade no contraataque, facilitaba moito o camiño para os visitantes. O 2-7 de parcial conseguido nada máis saír de vestiarios, establecía unha diferenza que xa sería inalcanzable para o conxunto rosaleiro (11-21), que a pesares da distancia, continuaría cunha entrega sobresainte disputando o partido ata o asubío final. Esta diferenza permitiría dar descanso aos xogadores con máis carga de minutos e realizar continuas rotacións que refrescarían ao equipo e manterían a enerxía necesaria para alcanzar unha nova vitoria que adxudican a segunda praza da liga Ouro de forma matemática ao BM.Culleredo Sweepend e, por tanto, o privilexio de organizar como conxunto local a Final Four da categoría en busca dunha praza para o próximo campionato de España.

Valinox Novás: 21 (9+12). Antón Fdez, Hugo Brandón, Mateo Pousa, Nicolás Portela, Iago Vicente, Fernando Otero, Alonso Martínez, Jacobo Rodríguez, Joel Fdez, Brais Baz, Alex Cobos, Brais Martínez, Hugo González, Daniel Alonso.

BM. Culleredo Sweepend : 32 (14+18). Marco González (P), Lucas Sánchez, Aarón Blanco, Marcos Regueiro, Antón Pérez, Atalo Bello, Josemi Martínez, Adrián Veira, Iván Sánchez, Samuel Seijas, Alejo Martínez, Nico Casal, Daniel González, David Martínez, Felix Noya, Xoel Insua.

Parciais cada 5´: 2-2 / 4-4 / 5-8 / 6-9 / 8-12 / 9-14 / Descanso / 10-17 / 11-21 / 14-26 / 18-29 / 19-30 / 21-32 / Final.

Colexiados: Alberto Rodríguez e Paula Fontán.

Incidencias: Partido correspondente a 15ª xornada da Liga Ouro en categoría xuvenil que foi aprzado no seu día pola viaxe a Gran Canaria do xuvenil Samuel Seijas co conxunto senior do BM.Culleredo. Encontro disputado no municipal do Rosal con boa afluencia de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *