Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO CLIMANOSA CEDE ANTE A SUPERIORIDADE FÍSICA DA S.D TEUCRO UNIWASH

Visitaba o BM.Culleredo Climanosa o maxestuoso municipal de Pontevedra para enfrontarse ao conxunto infantil do histórico Teucro. Os cullerdenses comezaban a segunda fase da competición coa ilusión por bandeira e sempre con ese afán de continuar coa súa mellora en canto á formación deportiva e crecemento nos conceptos do xogo. Os rapaces do BM.Culleredo Climanosa, mantiveron o pulso co rival nos primeiros compases, pero moi pronto se fixo evidente a gran diferenza de antropometría e niveis de forza entre os dous equipos que sumaría a favor dos locais. A situación, xa dificultosa de seu, carrexaba maiores problemas aos de Culleredo no posicional, que tiñan que lidar co muro da defensa 6:0 levantada ante o porteiro locatario. Con todo, os xogadores do Climanosa mostraron ideas tácticas a apuntar e así, as accións entre Jacobo e Hugo no pivote, deron bos resultados, especialmente no primeiro acto. O Teucro facíase forte desde esta parcela defensiva e mostraba a súa superioridade física no 1x1, onde normalmente saían vencedores. Os xogadores cullerdenses non cexarían no intento e continuarían traballando e tentando as penetracións atacando os intervalos para desequilibrar o armazón defensivo do seu rival. A medida que pasaban os minutos, ese factor físico iríase facendo máis e máis diferenciador debido ao compoñente de fatiga que acumulaban os equipos, pero a actitude, o traballo, a concentración e o carácter competitivo dos cullerdenses, sería sobresainte durante os cincuenta minutos e a pesar da derrota final, hai moitas cousas positivas que sacar no concernente ao xogo e a aprendizaxe do mesmo.

S.D. Teucro Uniwash 34: Diego Ruíz, Pablo Louro, Andrés García, Alex Martínez, Sergio Froján, Mario López, Breixo Ferre, Artai Torres, Pedro Cancela, Martín Leiro.

Bm Culleredo Climanosa 18: Iago Bolaños, Xurxo Méndez, Mario Prada, Nicolás González, Antón Méndez, Beltrán Gónzalez, Guillermo Blanco, Jacobo Soto, Hugo Jimenez, Roi Palmeiro, Samuel Costa.

Árbitro: Mateo Gómez.

Incidencias: Primeira xornada da segunda fase na liga de prata infantil masculina , disputado no pavillón municipal de Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *