Saltar ao contido

REMONTADA PARA GARDAR OS DOUS PUNTOS EN TARRIO

O Galaico Caravaning comezaba a súa segunda fase na liga de prata cadete masculina. O primeiro rival nesta fase é o Cisne B de Pontevedra . Un rival que propuxo a nivel defensivo un sistema 6:0 con pouca densidade defensiva onde o Galaico Caravaning a priori non estaba a ter problemas na fase ofensiva , tanto con accións de 1x1 no que tras sueperar o par non habia axudas e a penetración de cara a portería estaba a ser eficiente. No xogo colectivo por parte do Galaico Caravaning taméne estaba a dar bó rédito ainda que con algún fallo de lanzamento . Pero os problemas estaban na fase defensiva para o equipo cullerdense, onde o Cisne estaba a encontrar boas accións no 1x1 en zona lateral e no centro da defensa do Galaico Caravaning, a defensa do equipo culleredense estabase a abrir de máis e isto propiciaba esos espacios que eran aproveitados polo clube de Pontevedra.

O equipo visitante tivo menos erros no ataque e aproveitounos para poder acabar diante no marcador na primeira parte.O Galaico non estivo atinado na fase defensiva e isto fixo mella no marcador .

Resultado o descanso , Bm Culleredo Galaico Caravaning 16- Bm Cisne 17.

Na segunda metade todo cambiou para o Galaico Caravaning que puxose as pilas na fase defensiva e empezou a ser máis agresivo e tivo máis densidade defensiva en zona de balón , isto propiciaba que xa nos primeiros 10 minutos o Galaico Caravaning puxérase 2 goles arriba no marcador. A intensidade estaba en niveles altos e isto favorecia a defensa que a súa vez favorecida aos contrataque do equipo cullerdense no que cun parcial de 5-2 ainda aumentaba máis a ventaxa para poder acabar o encontro cunha diferencia moi amplia no marcador.

Bó traballo progresivo deste equipo neste encontro que soubo madurar o tempos do encontro para poderse levar a primeira victoria da segunda fase. Noraboa.

Resultado final : Bm Culleredo Galaico Caravaning 35- Bm Cisne B 25

Bm Culleredo Galaico Caravaning 35 (16+19): Jorge Amor, Hugo Nodar, Jairo Candamio, Hugo Bermúdez, Hugo Bregua, Mateo Negreira, Adrián Aneiros, Xoán Seoane, Victor Laya, Alex Tajes, Pablo Ares, Diego Rodriguez, Teo Gómez.

BM Cisne B 25 (17+8): Nicolas Otero, Antonio Lino, Guillermo Candeira, Nicolas Montoya, Manuel Seijo, Hugo Castro, Carlos Redondo, Bruno Gómez, Luis Montoya, Martin Montes.

Parciales cada 5`: 4-5/6-7/11-12/13-14/14-15/16-17/19-19/22-19/27-21/31-23/35-25.

Árbitros: Paula Peteiro y Daniel Arias.

Incidencias: Xornada 1 da segunda fase da liga de prata cadete masculina polo posoto 7º -12º disputado no pavillón municipal de Tarrío.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *