Saltar ao contido

A seriedade e intensidade ata o final dan os dous puntos o Remax Riazor

Primeiro partido da segunda fase da liga de prata para os postos 1-6 onde o Remax Riazor viaxaba a Porriño para enfrontarse a un rival descoñecido para eles neste ano competitivo.

O encontro comezaba con certa igualdade nos primeiros 5 minutos pero que nos seguintes 10 o Remax Riazor imprimia un bó ritmo defensivo o que daballe para despegarse no electrónico , parcial de 1-7 .

O Remax Riazor propoñia un 6:0 como sistema defensivo e pese a ter unha boa eficacia ainda reflexabanse erros defensivos que se foron corrixindo durante o encontro . Na fase ofensiva primeiro con contragolpes rápidos e logo no xogo estático o equipo estaba a ser resolutivo , a eficacia nos lanzamentos e a velocidade de balón estaba a ser un problema para o equipo local que via como o Remax Riazor chegaba o descanso cun 24-11 no marcador . Moita diferencia na primeira parte pero aínda quedaba xogar a segunda metade.

Na segunda metade do encontro o Remax Riazor non baixou a intensidade defensiva , a basculación e as axudas defensivas estaban a ser craves no encontro , grazas a iso o equipo pode estar máis compacto e cómodo a nivel defensivo e podense conseguir contras asiduamente e ter un pouco máis de tranquilidade na fase ofensiva onde o Remax Riazor cambiou a sistemática ofensiva para encontrar novas solucións .

O encontro estivo dominado en todo momento , o Remax Riazor estivo serio e isto da boas sensacións para seguir competindo paso a paso nesta competición que se pondrá máis compricado según vaia transcurrindo.

Felicidades pola concentración e intensidade amosada e noraboa pola victoria.

Forza culle.

Resultado final : Bm Porriño 20 - Bm Culleredo Remax Riazor 46

Bm Porriño 20(11+9): Brais Rodriguez, Diego Rodriguez, Pedro Gilsanz, Ivan Benaches, Simón Giraldez, Lucas Giraldez, Nicolas Freiria, Antón Sio, Kauan Leme, Elias Alonso, Bruno García.

Bm Culleredo Remax Riazor 46(24+22): Hugo Díaz, Hugo García, Iago Allegue, Jorge Outón, Fabián Manzo , Teo López, Diego Piñeiro, Hugo Rodriguez, Roi Fernández,Xoán Canedo, Xoán Bello.

Parciales cada 5`: 3-3/4-10/7-15/8-17/9-20/11-24/12-29/14-33/15-38/17-41/20-46

Árbitros: Cesar Díaz, Marcos Fernández.

Incidencias: Xornada 1 da segunda fase da liga prata polo posto 1-6 , disputada no pavillón municipal de Porriño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *