Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR CONTINÚA ADIANTE DESPOIS DE VENCER AS CHOQUEIRAS

O equipo de Culleredo impúxose no encontro correspondente á décimo cuarta xornada da Liga de Ouro por 43-32 ante o conxunto redondelano.

O Fisioterapita Benestar levouse os dous puntos ante o Chorro Naval As Choqueiras, nun partido igualado no que as cullerdenses souberon impor a súa experiencia para manter a raia as redondeláns no inicio da segunda metade.

O Culleredo comezou mal o camiño da vitoria no encontro. As choqueiraS tiraron, dominaron e fusilaban a portería de Aroa.

Dende o comezo do encontro sabíase cal ía ser o argumento do encontro. Cunhas choqueiras moi activas e sempre buscando gol. Só tardou uns minutos o equipo visitante en adiantarse no marcador.

O inicio do Culleredo sorprendeu en Almeiras, que viu como o equipo Redondelán se ía cun 5-9 rápido e sen apenas oposición. O tempo morto de Lucía Vilariño fixo efecto, e as locais cambiaron a súa dinámica para espertar a tempo. O aire fresco púxoas por primeira vez por diante (18-17) pouco antes do descanso.

O cambio defensivo das visitantes favoreceu o ataque das locais, poñendo unha lousa de 10 goles que trataron de manter ata o final do encontro, e que as choqueiras intentaron reducir.

Con esta vitoria o equipo do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar, recorta a vantaxe co Meaño (quinto clasificado).

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 43 (18+25): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Irene Rodríguez Fernández, Carmela Erias Vázquez, Noelia López Andreica, Adriana Vázquez Rivas, Nadia Martinez, Sara Fraga

CHORRO NAVAL AS CHOQUEIRAS 32 (17+15): Candela Lopez Rubianes , Sira Bouzon Bouzon, Adriana Bouzon Bouzon, Dubra Vazquez Rodriguez, Irene Castro Diz, Uxia Alvariño Gonzalez, Candela Iglesias Perez, Sara Iglesias Rodriguez, Lucia Brioso Bouzas, Alba Gargamala Vilas

Parciais cada 5 min: 2-1/4-4/5-9/7-12/13-16/18-17 descanso 23-17/28-19/32-22/32-22/36-25/38-29/43-32 Final

Colexiados: Andre Peña e Iago Allegue excluiron a Sira Bouzon (2), Adriana Bouzon (4) polo equipo visitante a Noelia Lopez (2) ,Irene rodriguez (2), Carmela Eiras (2) polo equipo local.

Incidencias: Partido pertencente a 14ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *