Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

O fin de semana ven cargadiño de partidos, con todos os equipos xogando nesta xornada. Toca en base afrontar desprazamentos compricados, cando toca comezala fase decisiva das competición e os que xogan na casa terán que loitar se queren quedarse cos 2 puntos.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS A.D. CARBALLAL

O Cristalería Gestal terá un difícil reto ao enfrontarse ás segundas clasificadas da competición, un Carballal moi forte que xa nos gañou no encontro de ida. Para poder cambialo resultado e loitar por esos 2 puntos, terán as nosas que asentar unha defensa moi sólida, sendo fortes no 1x1 e solidarias nas axudas. Proba complicada para as nosas nenas, que de seguro se vaciarán este domingo para apretar un pouco máis a clasificación.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS BALONMANO PORRIÑO

As miniguerreiras do Sutenor teñen unha proba moi importante esta fin de semana contra o Bm Porriño, un Porriño que ven en fase ascendente polos resultados obtidos. Pero o Sutenor que só perdeu 2 puntos na casa quere volver á senda da vitoria e poder consolidar a terceira praza, pero para iso o Sutenor terá que poñer a máxima intensidade e concentración para poder levar os dous puntos.

(IM) S.D. TEUCRO UNIWASH VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Comeza a segunda fase para un Climanosa que foi crecendo a pasos enormes este ano. Ainda queda moito de aprendizaxe e esta segunda fase hai que aproveitala para seguir gañando experiencia de cara ó futuro. O equipo está a traballar moi duro durante a semana os aspectos defensivos para poder consolidar o sistema 5:1 e poder ofrecer unha boa seguridade a nivel defensivo.

(IM) RAFONCA ASMUBAL MEAÑO VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

O Óptica Gallaecia comeza na mañá deste domingo a 2º fase da Liga Prata cun desprazamento a Meaño, nun encontro cheo de incógnitas ante un rival que non coñecemos. Chegados a este punto deben os nosos rematar de afianzar todo o traballado ate o de agora, debendo mostrar unha solidez defensiva tanto en 3:3 como en 5:1. Se consiguen os nosos facer un bo traballo defensivo, de seguro que loitarán sen problema por traerse os primeiros 2 puntos desta segunda fase.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS BM ABEGONDO NOROPLAZA

O Nosolomadera busca esta xornada encontrar as boas sensacións que lle permitan seguir crecendo, o derbi provincial ante o Abegondo pode ser unha boa proba para ver de que son capaces estos rapaces que están a traballar con intensidade durante a semana. O equipo é consciente de que queda pouco para rematar a liga e hai moito en xogo ainda. Esperemos que a vitoria retorne a Almeiras para o equipo local.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS CHORRO NAVAL AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA

Partido clave esta fin de semana en Almeiras. O domingo ás 13:00 horas, o Fisioterapia Benestar, ten outra oportunidade para seguir sumando puntos para achegarse á quinta posición da Liga de Ouro.

Un encontro no que todo pode pasar e no que non se pode baixar a garda. Xa no partido de Redondela, as cullerdenses, levaron a vitoria case in extremis pola mínima. Por parte das visitantes, só conseguiron sumar puntos esta pasada fin de semana, polo que chegarán cunha autoestima moi alta.

Sabendo o que está en xogo e con obxectivos diferentes para ambos os equipos, é imposible perderse este partido de alta tensión.

(CM) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O BM.Culleredo Remax Riazor, inicia este próximo Sábado ás 11:00h no municipal de Porriño a segunda fase da competición da Liga Prata. Sumidos xa na loita polo título da categoría, o BM.Remax Riazor debe de comenzar puntuando no feudo porriñés para encauzar de forma exitosa o camiño hacia o seu obxectivo final. O equipo deberá de dar un pasiño máis nunha fase con maiores dificultades e conseguir mellorar en todas as fases do xogo e aumentar a súa intensidade dentro do 40x20.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS CISNE COLEGIO LOS SAUCES B

O BM.Culleredo Galaico Caravaning, gañouse o dereito para competir nesta segunda fase da liga Prata cos terceiros e cuartos do resto de grupos e será unha boa medida para a formación e crecemento deste conxunto, como así o vén a evolución que tiveron na primeira parte do campionato. Neste primeiro envite, no que os cullerdenses actuarán como locais, visitará o municipal de Tarrío o Cisne Colegio Los Sauces "B", un esixente e bonito exame para os nosos ,que inician esta fase coa ilusión e motivación de continuar a liña ascendente mostrada. O encontro disputarase o Sábado ás 17:15h.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS GALITRÁNS BM PONTEDEUME

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, recibe este Sábado ás 11:15h no municipal de Almeiras ao Galitráns BM.Pontedeume, nun derbi sempre apaixoante e no que os cullerdenses tentarán sumar os dous puntos en xogo para distanciarse ata os sete do seu rival a falla de dous xornadas para o remate desta primeira fase da competición. Parece que nas últimas xornadas os de Culleredo recuperaron as boas sensacións e a regularidade no seu xogo e o obxectivo será continuar neste bo camino de crecemento. Os cullerdenses deberán de saír moi concentrados e evitar todo tipo de confianza ante un equipo que xa lles puxo en problemas no partido de ida.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS IBERCONSA RECONQUISTA DE VIGO

VALINOX NOVÁS VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Dobre e importante enfrontamento esta fin de semana para o Sweepend Culleredo ante a recta final da liga regular. Se o vindeiro sábado os cullerdenses recibirán ao Iberconsa BM.Reconquista de Vigo (13:00h Polideportivo de Almeiras), o Domingo desprazaranse á localidade do Rosal para enfrontarse ao Valinox Novás (17:30h pavillón muinicipal de O Rosal) nunha fin de semana no que, en caso de anotar dúas novas vitorias á súa marcadora, o BM.Culleredo Sweepend podería ratificar virtualmente o segundo posto da clasificación, xa que continuaría, como mínimo, a cinco puntos do seu perseguidor inmediato cando só quedan seis por disputar. A xestión dos minutos e as rotacións, antóllanse máis importantes que nunca ante dous encontros consecutivos.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS BALONMANO INGENIO

O Sweepend Culleredo, recibe este próximo Sábado en Tarrío (19:30h) ao BM.Ingenio, no que será unha nova confrontación vital para os intereses dos locais. A loita pola permanencia está en plena efervescencia e os cullerdenses pensan neste encontro obrigados a sumar os dous puntos despóis da derrota da fin de semana pasada nun duelo de alta tensión na arte baixa da táboa clasificatoria ante o BM.Tejina. O equipo deberá de manter una liña regular durante os sesenta minutos e non caer en precipitacións ou momentos de desconexión como ven ocurríndo nalgúnhas fases de determinados partidos. O nivel defensivo para frear o potente xogo de 1x1 da primeira liña Canaria, asemella imprescindible para sacar algo positivo neste envite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *