Saltar ao contido

Dominio do Cristalería Gestal en Vigo

Trala derrota da semana pasada, chegaban as nosas rapazas do Cristalería Gestal a este viaxe a Chapela con ganas de redimirse e amosar a súa mellor cara.

O partido enfrontaba a dous equipos moi distantes na clasificación, coas nosas amosando unha gran superioridade dende o inicio do encontro. A nosa defensa nesta primeria parte sería algo endeble, froito do caos no ataque rival, no que non había un orde, pero os erros rivais permitíannos encaixar soamente 2 goles ao descanso. A nivel ofensivo estaban as nosas a chegar a portería continuamente cunha gran facilidade, conseguindo chegar a situación de lanzamento dende os 6m de forma sinxela en poucos segundos. A pesares de todo, por momentos as diferenzas no marcador non serían moi amplas, xa que errábamos varios lanzamentos e os nosos ataques de apenas 20 segundos, viñan seguidos de ataques locais que chegaban a durar máis de 2 minutos.

A segunda parte seguiría coa mesma tónica no plano ofensivo, coas nosas atacando sen problema ante a defensa cerrada proposta polas locais, pero a nivel defensivo comezábamos a sufrir por mor da relaxación e desesperación das nosas polos longuísimos ataques das viguesas.

Con todo isto remataba un encontro na que as nosas amosaron outra actitude diferente á da semana pasada e siguen dando pasos como equipo.

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 25 (13+12) Sara, Cintia, Aitana, Inés, Martina, Sofía, Celia, Lola, Simona, Yasmín.

Bm Chapela 2: 10 (2+8) Ángela, Daniela, Inés, Sara, Naiara, Nora, Iris, Sheila, Enma, Edna.

Árbitros: Sergio Murillo, correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *