Saltar ao contido

A pouca intensidade fai clara a derrota en Bueu

O Nosolomadera viaxaba a Bueu para enfrontarse ao terceiro clasificado na táboa.

O equipo local propoñia unha defensa 6:0 que estaba a crear moitos problemas ao equipo cullerdense , a circulación de balón non era moi rápida que o golpes francos estaban a dar ventaxa a defensa local. E cando a velocidade de balón existía non habia verticalidade para superar a defensa do equipo local . Isto estaba a lastrar moito o encontro na primeira metade .

A nivel defensivo o Nosolomadera non estaba ser intenso nin sólido , o Bueu encontraba boias situación de gol tanto na zonas exteriores coma no centro da defensa, o forza e velocidade do equipo local estaban a superar a unha defensa cullerdense bastante despistada e pouco intensa .

O equipo local habria unha brecha moi grande no marcador e iase o descanso cun 15-8 . Moitos problemas na fase ofensiva para o Nosolomadera pero tamén na fase defensiva.

Na segunda metade nos primeiros compases non cambiou nada , so o sistema defensivo onde os cullerdenses pasaban a un sistema 3:3 para poder buscar un cambio de reacción e poder cambiar a dinámica do encontro , pero ainda asi non puido ser. O Bueu encontraba boas situacións de xogo entre liñas que a defensa cullerdense non era capaz de frear. Na fase ofensiva despois de 10 minutos co mesmos erros da primeira parte o equipo puido comenzar a encontrar o éxito ofensivo mediante unha acción disciplinada que repetiase constantemente. Pero xa era tarde non houbo reacción para poder acercarse o marcador e os dous puntos quedaron en Bueu .

Toca facer reflexión non só do partido se non tamén toca facer reflexión e autocritica semanalmente . O martes comezamos unha nova semana de traballo onde primeiro terá que haber compromiso e segunda intensidade do principio ao fin .

Resultado final: Atlético Bueu 31 - BM Culleredo Nosolomadera 21 .

Átletico Bueu 31 (15+16): Diego Otero, Oscar Gónzalez, Miguel Cadilla, Pablo Arce, Lolo Villanueva, Francisco Rio, Alberto Fernández,miguel Beloso, Darío Cerviño, Mateo Vega, Roi Dávila.

Bm Culleredo Nosolomadera 21 (8+13): Iago Bolaños, Sebastián Ponte, Mateo Basanta,Martin Casal, Mauro Fernández, Javier Orge, Antón Mendez,Pablo Penelas, Carlos Negreira, Teo Gómez, Alexis Martinez, Isaac Lorenzo,Alejandro Soto.

Árbitros: Alberto y Silvia Arce.

Incidencias: Xornada 13 da liga de Ouro infantil masculina , disputado no pavillón municipal Pablo Herbello, en Bueu, Pontevedra.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *