Saltar ao contido

A solidez defensiva do Despreocúpate .es da unha boa victoria en Ourense

O Despreocúpate.es desprazabase a Ourense para xogar contra o Balonmán Miño un dos equipos da zona baixa da táboa clasificatoria.Pero xa sabemos que calquer encontro vai a estar disputado o 100% pese a situación na clasificación. De feito o encontro estivo igualado na primeira metade pero na segunda xa houbo un desequilbrio grande a favor do equipo cullerdense.

Comezaba o encontro cun Despreocúpate.es atinado ,. na fase ofensiva comandada por Juanfran o equipo estaba a ter unha boa disciplina iniciando sempre coas rutinas marcadas nos adestramentos , facer ben o fácil era o lema para poder encontrar a crave na fase ofensiva. Quizaís o balón non chegaba a circular moi rápido pero si se era efectivo .

Na fase defensiva nos primeiros compases era solida pero co pasos dos minutos a zona central defensiva estaba a perder profundidade e aparecían filtracións na defensa que o equipo local o aproveitaba para encontrar a porta do gol . Co paso dos minutos o nivel de intensidade e disciplina comezou a decrecer por parte do equipo cullerdense que estraba a ver como o Bm Miño acercabase ao marcador . O equipo estaba estancado a nivel ofensivo por perdidas e fallos de lanzamento claro e o equipo local o apreoveitaba para acabar a primeira parte tan só a un gol do Despreocúpate.es.

Marcador ao descanso 13-14 para o equipo cullerdense.

Na segunda metade o Despreocúpate volveu o cauce dos primeiros minutos da primeira metade e unha boa coordinación defensiva co porteiro facía que as boas defensas convirtiranse en contrataques efectivos para que o conxunto cullerdense dera un golpe na mesa e desprenderase no marcador cunha diferencia de 6-7 goles que iria crecendo ainda máis co pasos dos minutos. A solidez e disciplina defensiva e o esgotamento do equipo rival estaba a dar un rédito alto ao Despreocúpate.es que xa co marcador moi a favor acabaría o encontro cun bó e disciplinado xogo en ataque .

Noraboa a todos os compoñentes do Despreocúpate.es pola boa semana de adestramento, pola regularidade , pola solidez defensiva pola disciplina na fase ofensiva e sobre todo polo compromiso amosado . Este e o camiño a coller , e para seguir nel seguiremos adestrando esta semana.

Resultado final: BM Miño 23- BM Culleredo Despreocúpate.es 40

BM Miño 23(13+10): Jonay Coello, Gang -min, Javier Reina, Miguel Gil, Ivan Alonso, Carlos Hermida, Adrián Ferreiro, Ian Eneko , Oscar Díaz.

Bm Culleredo Despreocúpate.es 40(14+26):Rubén Gantes, Adrián López, Jairo Miguez, Lucas López, Iago Vázquez, Juanfran Pazos, Álvaro Siso, Antón Pérez, Bruno Pardo, Matias Teixeira, Xoel Insua, Anxo Negreira.

Árbitros: Diego Rivera y Paula Fontán.

Incidencias: Xornada 16 do grupo B de liga prata xuvenil masculina disputado no pavillón Dos Remedios en Ourense.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *