Saltar ao contido

Partido moi frouxo do Galaico Caravanning

Desta vez xogaban os rapaces do Galaico Caravanning un difícil encontro fronte aos veciños do OAR 1952, partido que xa foi moi difícil na ida e que se compricaba dende o inicio nesta volta. Encaixaban os nosos rapaces un parcial de 6-2 para comezar, cunha defensa 5:1 moi individualizada e na que non aparecían as axudas. A nivel ofensivo estaban os rapaces do Galaico moi estáticos, o que complicaba a tarefa de superala cerrada defensa 6:0 proposta polos rivais. Tralo tempo morto non había reacción dos nosos, que seguían sufrindo a nivel defensivo nas accións de saída a punto forte do lateral esquerdo rival e as axudas non eran o suficientemente profundas para frealo. A pequena melloría no ataque víase lastrada polos erros de lanzamento en situacións claras dende os extremos, propiciando ademáis saidas rápidas ao contraataque co que chegaban os visitantes 7 goles arriba ao descanso.

Comezaba o 2º periodo deste encontro cun Galaico Caravanning algo máis serio a nivel defensivo, cunha defensa 6:0 profunda que xeraba máis dudas ao ataque rival coas disuasións a impar, pero os pequenos desaxustes co pivote permitíanlle aos rivais chegar igualmente ao gol. Por momentos conseguían os nosos ser máis efectivos en ataque e acercar un pouco máis o marcador, pero chegaban minutos de precipitación a nivel ofensivo, nos que os nosos tentaban rematalo ataque de forma acelerada, permitíndolle correr aos rivais e volver a aumentala súa vantaxe, chegando ao final cunha clara vitoria visitante.

Partido frouxo dos nosos cadetes, que deben reflexionar e traballar na súa concentración e na actitude amosada ante as adversidades para poder loitar en cada encontro.

Bm Galaico Caravanning: 25 (10+15) Mateo, Hugo, Alex, Adrián, Xoán, Jorge, Alexis, Hugo, Jairo, Martín, Víctor, Pablo, Teo, Hugo, Mateo, Diego.

OAR Coruña 1952 30 (17+13) Santiago, Nicolás, Carlos, Leo, Roi, Isayas, Matías, Jose, Nicolás, Javier.

Árbitro: Martina Regueiro, levou adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *