Saltar ao contido

O Cristalería Gestal quédase ás portas de puntuar

Afrontaban na mañá deste domingo un moi difícil encontro as nosas rapazas do Cristalería Gestal, contra as veciñas do Brigantium que veñen crecendo como equipo e amosándose moi sólidas a nivel defensivo.

Comezaba o encontro coas nosas tendo dificultades para atopalo camiño ao gol fronte á cerrada defensa 6:0 prantexada polas rivais, atopándonos continuamente con xogadoras máis fortes e grandes que nos cerraban por completo os espazos. A pouca velocidade do balón por parte das nosas rapazas facilitaban a labor defensiva, algo que iría cambiando co paso dos minutos e conseguindo desta forma que as nosas laterais rematasen por encontrar espazos para penetrar entre 2 e 3 tras desplazar á defensa rival. A nivel defensivo non estaba mal o traballo das nosas, pero a diferenza física era evidente coa maior parte das nosas xogadoras, sufrindo moito en situación de 1x1 e precisando de axudas en case cada acción defensiva, conseguindo as visitantes chegar de forma relativamente sinxela ao gol. Con todo chegaríamos ao descanso 5 goles abaixo no marcador.

Comezaba unha segunda parte na que as nosas tiñan claro que a nosa defensa 3:3 debía ser máis presionante ainda ante as xogadoras sen balón e desta forma conseguíamos xerar numerosas perdas no ataque rival, pero non éramos quen de aproveitar e finalizar o contraataque de forma adecuada para apretar máis o marcador. En ataque pasaban as nosas por momentos de desconcentración, pero rápidamente volvíamos a darlle máis velocidade ao balón e acadábamos situacións claras de lanzamento ou ben de penetración das nosas laterais en 2-3 ou de lanzamento con espazo das nosas extremos, pero a porteira visitante privaríanos de empatalo encontro en varias ocasións. Chegando ao final do encontro seguíamos por debaixo e decidíamos arriscar un punto máis na presión conseguindo moitos balóns que nos permitían chegar ao gol en 1º ou 2º oleada, pero os erros defensivos permitíanlle ás rivais mantela diferenza e remataría o encontro cun axustado 25-28.

Partido con altos e baixos das nosas, pero que serve como aprendizaxe para afrontar estas dificultades!

Bm Culleredo Cristalería Gestal: 25 (11+14) Sofía, Yasmín, Sara, Cintia, Aitana, Inés, Aldara, Martina, Elena, Uxía, Tania, Simona.

BM Brigantium Nunegal: 28 (16+12) Daniela, Julia, Uxía, Daniela, Valeria, Carol, Uxía, Julieta, Marta, Iría, Lúa, Icía, Noelia, Rosalía.

Árbitro: Martina Regueiro, correcta durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada da Liga Prata infantil feminina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *