Saltar ao contido

Partido de menos a máis do Óptica Gallaecia

Era o deste fin de semana o derradeiro partido desta primeira fase da Liga Prata, encontro que nos enfrontaría ao OAR Coruña.

Chegaban os nosos rapaces do Óptica Gallaecia moi motivados e nun moi bo momento de forma para afrontar un partido que xa se gañara de forma cómoda na ida.

A defensa 3:3 dos nosos comezaba algo individualizada, con boas situacións defensivas no 1x1, pero sen axudas cando se vían superados, sufrindo por momentos en situacións que non deberíamos. Na fase ofensiva os nosos algo desconcentrados atopaban o camiño ao gol, pero con pases forzados e lanzamentos frouxos. Co paso dos minutos irían despertando os nosos, axustando o sistema defensivo, sendo moito máis seguros agora con máis axudas e contundencia, xerando ademáis un gran número de perdas dos rivais que non desaproveitábamos subindo de forma clara ao contraataque en 2º oleada.

A segunda parte, cos rivais xa máis cansados, polo desgaste da presión dos nosos, sería un dominio total dos cullerdenses. A presión alta da nosa defensa 3:3 e a desposesión do balón no momento que botaban os rivais era crave para poder subir o balón ao contraataque en velocidade, pero cabe destacala claridade en ataque, xerando un montón de situacións claras de lanzamento tras a fixación de case todo o equipo e a continuidade do balón.

Partido de menos a máis dos nosos, que seguen a crecer cada día.

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: 45 (21+24) Fran, Anxo, Pablo Penelas, Pablo Hermida, Pablo Fraguela, Aitor, Hugo Fariña, Hugo Nodar, Carlos, Aarón, Jacobo, Mauro.

OAR Coruña 1952: 15 (9+6) Sorín, Miguel, Óscar, Marcos, David, Martín, Asier, Alejandro, Raul, Sergio, Izan, Xoel, Julián, Pablo.

Árbitro: Martina Regueiro, correcta durante o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *