Saltar ao contido

O CULLEREDO CONSEGUE LEVARSE UN PUNTO ANTE UN RIVAL DIRECTO

As cullerdenses igualan un duelo que perdían de catro e tiñan o balón para vencer a un rival ao que teñen sobre os talóns.

O equipo do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar sumou este sábado un punto. Un empate ,na pista do Bueu, nun encontro no que comezaron gañando as visitantes cun parcial de 0-5, pero que logo foron rezagadas durante toda a segunda metade.

Encontro no que os dous equipos puideron levarse a vitoria na última xogada. Un último disparo de Culleredo sen recompensa e un contragol con parada da porteira visitante, deixa o encontro en empate.

Sabendo que as xornadas rematan e os puntos comezan a cobrar máis importancia, as de Culleredo entraron no partido moi enchufadas. Cunha gran defensa, o Fisioterapia Benestar foi cometido ao ataque do Bueu, que dobrouno no marcador (2-6) mediada a primeira metade.

Pero as súas habituais perdas de balón foron unha vez máis condenatorias. Cada erro foi aproveitado polo Bueu para marcar goles fáciles. Catro goles en 15 minutos, a pesar do tempo morto do Culle, nada puideron facer pola igualdade eo marcador ao final da primeira parte reflexaba un 10-10.

Esa igualdade rompeuse rapidamente no inicio da segunda metade (18-14 no min 44).

O Bueu parecía ter o control do partido, pero varios “agasallos” doéronlle. O Culleredo fixo poucas rotacións ,claves, para frear o seu xogo acelerado, presionado pola necesidade de gañar, pero o empate tamén valía a pena. A vantaxe do Bueu foi desaparecendo e a falta de 5 minutos o Culleredo freou os ataques do rival.

A falta de tres minutos o Bueu levaba o marcador 19-18. Pero quedou atascado (só un gol nos últimos 10 minutos) o que lle custou un punto, que puideron ser dous porque tras o fallo do lanzamento do Culle, (no que se lesionou a xogadora) e houbo que paralo tempo,á reanudacion cerca da porteria visitante a xogadora do Bueu estrela o seu tiro dende 6 metros nos pés da porteira Aroa García e asi quedando a 4 segundos do final o Culleredo recuperou o balón pero sen tempo para a contra.

PADTHAIWOK BUEU ATLETICO BALONMAN 19 (10+9): Uxia Gil Calviño, Uxia Torres Docampo, Mariña Torres Docampo, Leire Camiña Núñez, Aixa Otero Martínez, Inés Bastón Brion, Ainhoa Blanco Sánchez, Candela Castro Recaman, Raquel Blanco Sánchez, Uxia Soliño Ferreira, Julia Cruz Sayans, Ainhoa Piñeiro González, Carlota De La Torre Santos, Julia González Barreiro

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 19 (10+9): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Irene Rodríguez Fernández, Carmela Erias Vázquez, Noelia López Andreica, Adriana Vázquez Rivas

Parciais cada 5 min 0-3/0-5/2-6/5-7/7-8/10-10 descanso 13-11/16-13/18-14/18-17/19-18/19-19 Final

Colexiados: Julio Villanueva Pérez. excluiu a Uxia Torres (2), Mariña Torres (2), Aixa Otero (2) Polo Equipo Local e a Irene Rodríguez (2) polo equipo visitante.

 Incidencias: Partido pertencente a 13ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Pablo Herbello

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *