Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Toca xornada importante para o noso equipo senior, que se mide este sábado ás 19:30h a un rival directo, o Bm Porriño. Nos equipos de base toca asumir desprazamenos compricados en diferentes categorías e cerrar en moitas delas a 1ª fase da competición.

(IF) BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL VS BRIGANTIUM NUNEGAL

O Cristalería Gestal afronta unha proba complicada este domingo ás 13:00h en Almeiras. Como rival estarán as veciñas do Brigantium, que veñen crecendo durante a tempada e chegan a esta xornada nun moi bo momento de forma. Terán as nosas miniguerreiras que loitar con todo para facer fronte á defensa 6:0 que prantexa habitualmente o equipo rival e non conceder perdas de balón.

(IF) NORDATA XIRIA VS BM CULLEREDO SUTENOR

Derbi provincial na Liga de Ouro feminina, dúas sendas diferentes, o Nordata leva 4 xornadas sen coñecer a vitoria e está moi lonxe do equipo cullerdense. Mentras que o Sutenor segue case imparable a nivel competitivo pero nun partido coma este todo pode pasar.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM RIBADOSAR

O Climanosa quere volver á senda do bo xogo. Nesta ocasión o rival é o Ribadosar de Santiago, moi próximo na clasificación.

Encontros coma este serven para seguir dominando pouco a pouco o modelo de xogo.

(IM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS OAR CORUÑA 1952

O Óptica Gallaecia ven facendo uns encontros moi completos e quere seguir neste camiño este domingo ás 10:00 fronte aos veciños do OAR Coruña. Será un bo partido para que os nosos sigan asentando conceptos e traballando sobre o modelo de xogo.

(CF) PADTHAIWOK BUEU ATLÉTICO BM VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Logo dun partido moi disputado esta fin de semana, as cadetes do Culleredo, enfrontaránse o Bueu. Un equipo que marcou un antes e un despois na primeira volta.

As cullerdenses seguirán pola pelexa de acadar puntos en cada encontro e de seguir facendo un bo papel nesta segunda volta.

O encontro do sábado 24, no Pavillón Pablo Herbello as 12:15 ,será moi parello, xa que os dous equipos atópanse un tralo outro na táboa clasificatoria.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BM RIBADOSAR

O Bm Culleredo Remax Riazor, recibirá este próximo Sábado ás 13:00h no municipal de Almeiras ao BM.Ribadosar. Este encontro será o que poña punto e final á primeira fase da liga Prata, onde os cullerdenses acreditáronse de forma matemática como líderes do grupo C. O obxectivo será mellorar en todas as fases do xogo e terminar esta primeira fase obtendo os dous puntos para afrontar a segundo coas mellores sensacións posibles.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANING VS OAR CORUÑA 1952

O BM.Culleredo Galaico Caravaning, pechará a primeira fase da liga Prata (Grupo C), este próximo Domingo no municipal de Almeiras. O encontro dará comezo ás 11:30h e os cullerdenses deberán de obter a vitoria para rubricar unha terceira praza de moito mérito e que evidencia a liña ascendente no xogo deste equipo. A tarefa non será sinxela, e haberá que realizar un encontro moi completo a nivel TEC-TAC, xa que fisicamente, o plantel do OAR é superior ao conxunto de Culleredo.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS O KRAKEN SEIS DO NADAL

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, recibe este Sábado ás 16:30h no municipal de Tarrío ao Kraken - Seis Do Nadal de Vigo, nun envite que será a antesala do encontro de primeira nacional entre o Sweepend Culleredo e o Indupor BM.Porriño. A falta de catro xornadas para o final da primeira fase da liga Prata, os cullerdenses desexan manter esa quinta praza que agora ocupan e, sobre todo, mostrar unha maior regularidade no seu xogo nesta recta final, xusto antes de afrontar a segunda fase. Os cullerdenses deberán de saír moi concentrados e evitar todo tipo de confianza ante o último clasificado.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS BUENAS MIGAS LUCEROS

Despois da importante vitoria lograda a pasada fin de semana ante os bergantiñáns do Xiria, o Sweepend Culleredo afronta unha nova xornada este Domingo sen posibilidade de fallo, se desexa continuar de cerca o ronsel do líder. Os cullerdenses, deberán de fuxir de todo exceso de confianza ante o último clasificado, xa que estes, aínda que non puntuaron, completan un plantel con bos xogadores a nivel TEC-TAC e físico. A concentración e seriedade coa que o equipo afronte este encontro, será por tanto clave e deberase de ver maior dinamismo, fluidez e regularidade que nas últimas citas. O partido dará comezo ás 18:30h do Domingo no municipal de Almeiras.

(SM) SWEEPEND CULLEREDO VS INDUPOR BM PORRIÑO

O Sweepend Culleredo, recibe este próximo Sábado en Tarrío (19:30h) ao Indupor BM.Porriño, no que será unha confrontación vital para os intereses dos locais. A loita pola permanencia está en plena efervescencia e os cullerdenses pensan neste encontro obrigados a sumar os dous puntos. A intensidade e concentración na parcela defensiva marcará o devir do envite, así como a regularidade ao longo dos sesenta minutos e o deber de impoñer o ritmo que máis interese por encima do dos visitantes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *