Saltar ao contido

O mal partido do Galaico Caravanning está a piques de custarlles 2 puntos

Desta vez tocáballe aos nosos rapaces do Galaico Caravanning afrontar un desprazamento “trampa”, visitando ao Ribadosar, equipo que está crecendo e que co paso da tempada nos foi poñendo as cousas máis difíciles a cada partido que pasaba.

Comezaban os nosos con moita intensidade, pero sen darlle un sentido ao xogo, con moita accións individuais e abusando do bote de balón, dando como resultado un gran número de perdas de balón. Non perdían oportunidade os da capital, que aproveitaban os nosos erros para subir rápido e impedir que nos fósemos no marcador. A nivel defensivoa tónica era a mesma, moi individualizados e sen axudas entre compañeiros, sufrindo moito en situacións de 1x1 e ante cruces pola falta de comunicación para realizalo cambio de opoñente.

A pesares de todos os erros cometidos conseguíamos chegar ao descanso con 5 goles de vantaxe e xogando xa de forma máis colectiva en ataque.

A segunda parte sería desastrosa, sufrindo de forma contínua tanto con 5:1 como con 6:0 en accións individuais do lateral esquerdo rival. Non conseguían o nosos segundo e o noso exterior coordinarse para axudarse e frealo. Na faceta ofensiva o equipo era un completo caos, con situacións de lanzamento inexistentes que se tentaban e balóns tirados de forma contínua.

Con esto chegábamos a falta de 9 segundos con 1 gol arriba e saque de golpe franco a favor, donde perderíamos o balón nada máis sacalo e a piques estarían os locais de empatalo encontro.

Moi mal partido dun Galaico Caravanning irrecoñecible, que non foi quen de seguilo camiño marcado durante toda a tempada e traballar seguindo o modelo de xogo.

Bm Galaico Caravanning: Hugo Bregua, Alex, Adrián, Pablo Penelas, Xoán, Jorge, Hugo Nodar, Jairo, Víctor, Pablo Ares, Hugo Bermúdez, Mateo, Diego.

Bm Ribadosar: Marco, Jacobo, Zoltan, Gonzalo, Alejandro, Martín, Arias, Grabriel, Mateo, Iago, Brais, Martín, Jose.

Árbitro: Henrique Folgoso, levou adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *