Saltar ao contido

Un gran Óptica Gallaecia saca 2 puntos en Santiago

Desprazamento dos nosos rapaces do Óptica Gallaecia a Santiago para enfrontarse ao Ribadosar, partido que afrontaban os nosos con numerosas ausencias, tendo únicamente 8 xogadores.

A pesares da situación do equipo, os rapaces nunca baixaron a intensidade e mantiveron un ritmo moi alto de xogo durante todo o encontro. En defensa a nosa 3:3, coas liñas máis xuntas para ter un desgaste menor nos desprazamentos defensivos, dábanos un punto importante á hora de xerar dudas aos rivais. As continuas situacións de 1x1 dos rivais víanse anuladas por un bo posicionamento defensivo e axudas efectivas por parte da nosa defensa, que forzaba situacións de lanzamento sinxelas para os nosos porteiros.

Na faceta ofensiva tocáballe aos nosos afrontar un difícil reto, atacar unha defensa 6:0 á que non están acostumados. Custáballe aos nosos nun primeiro momento atopalo camiño ao gol, atopándoo únicamente con lanzamentos exteriores e algo de fortuna, pero rápidamente seríamos capaces de adaptarnos  e comezar a atacar aos intervalos e dar continuidade ao balón, chegando a situacións francas de lanzamento dende os 6m.

Tras unha primeira parte cun claro dominio cullerdense, iniciábase unha segunda parte na que os nosos seguían a amosar unha clara superioridade, pero o cansancio comezaba a facer mella. Custáballe máis aos nosos desprazarse en defensa e vían como aumentaba a cantidade de goles anotados polos locais respecto á 1ª parte, sumándolle a isto os erros de lanzamento, dando a impresión por momentos de que o partido estaba máis igualado do que o xogo amosaba.

Partido moi completo destos 8 xogadores do Óptica Gallaecia, que amosaron unhas ganas de traballar e competir que son a auténtica crave para seguir crecendo como xogadores e como equipo!

Bm Culleredo Óptica Gallaecia: Hugo, Pablo Hermida, Pablo Penelas, Pablo Fraguela, Jacobo, Anxo, Aarón, Fran.

Bm Ribadosar: Damián, Manuel, Yago, Daniela, Asier, Arán, Fabián, Alejandro, Rodrigo, Noa, Juan, Nicolás, Eva, Anxo, Marcos, Mencía, Rodrigo.

Árbitro: Henrique Folgoso, levou adecuadamente o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Liga de Prata.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *