Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND DÁ UN PASO IMPORTANTE AO IMPOÑERSE NO DERBI

O BM.Culleredo Sweepend, deu un paso importante onte Domingo ao impoñerse ao Montaxes Carballo Xiria e, desta maneira, poñer terra polo medio entre a segunda praza que o conxunto cullerdense ocupa e a terceira, onde se sitúa o seu rival bergantiñán. Foi unha tarde de balonmán na que o municipal de Almeiras vestíu as suas mellores galas, abarrotado con afeccionados de ambos os conxuntos nun derbi que sempre presume de ser atractivo polo gran nivel dos dous equipos.
Tras uns primeiros minutos de tenteo, con boas actuacións do porteiro local Marcos e sen excesivos alardes defensivos, o BM.Culleredo Sweepend comezaría a axustar a súa retagarda e a sacar proveito nas transicións. Chegábase ao minuto vinte e os cullerdenses adquirían a máxima diferenza ata o momento (13-10). En ataque resaltaba o xogo 2x2 entre Iván e Marcos, que estaba a dar moitos quebradizos de cabeza á defensa foránea. A diferenza incrementaríase a favor do equipo de Culleredo, que continuaba ofrecendo os mellores momentos defensivos, freando os 1x1 de Pablo e Marcos especialmente. Así, chegábase ao descanso cun cómodo 18-13 para o BM.Culleredo Sweepend que desaproveitaba nos últimos instantes a posibilidade de ampliar a diferenza.
O segundo acto, sería do todo errático por parte de ambos os conxuntos, sumidos nun mar de erros e de perdas que ninguén aproveitaba para os seus intereses. En tal caos, os beneficiarios foron os cullerdenses, grazas á cómoda vantaxe adquirida e que prevalecería ata o final.

BM. Culleredo Sweepend: 28 (18+10). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Xoel Insua, Lucas Sánchez (1), Aarón Blanco, Marcos Regueiro (4), Antón Pérez, Josemi Martínez, Adrián Veira (2), Iván Sánchez (9), Samuel Seijas (3), Alejo Martínez (2), Nico Casal (1), Daniel González (4), David Martínez (2), Felix Noya.

Montaxes Carballo Xiria: 23 (13+10). Diego Mourelle, Pablo Veiga, Pabl oSuárez, Marcos Varela, Ángel Villar, Daniel Periscal, Hugo García, Samuel Soneira, Brais Suárez, Marcos Suárez, Marcos Amarelle, José Manuel Negreira, Izan Cabeza, Jorge Rodríguez.

Parciais 5´: 3-3 / 6-5 / 10-9 / 13-10 / 17-13 / 18-13 / DESCANSO / 18-13 / 20-16 / 24-17 / 26-18 / 28-22 / 28-23.

Colexiados: Henrique Folgoso e Renzo Martín.

Incidencias: Xornada Nº13 na Liga Ouro en categoría xuvenil masculino. Partido disputado no pavillón municipal de Almeiras, que presentaba as bancadas cheas e cun ambiente excepcional por parte dos aficionados de ambos os conxuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *