Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, CONSEGUE DE FORMA MATEMÁTICA O LIDERADO DO GRUPO.

O BM.Culleredo Remax Riazor, conseguíu de forma matemática e a falta dunha xornada para terminar a primeira fase da competición regular nesta Liga Prata (Grupo C), a primeira praza do grupo como líder invicto. A vitoria do pasado Sábado en Lugo ante o Millavén CP.Lucense (segundo clasificado), distánciaos en seis puntos do seu perseguidor e por tanto ratifica esa posición privilexiada.
O partido comezou cos cullerdenses moi indolentes en tarefas defensivas, faltos de intensidade e moi pouco contundentes nos contactos. Os locais aproveitaban esas debilidades do seu rival e permanecían próximos no marcador. No ataque, a circulación de balón era deficiente e os xogadores, estáticos en exceso, abusaban de situacións individuais que favorecían á retagarda dos de Lugo. Non sería ata o tramo final do primeiro tempo cando o BM.Culleredo Remax Riazor aumentaría as súas prestacións e intensidade. Despois de ser chamados a capítulo nun tempo morto, os xogadores reaccionarían con maior estímulo e eso les levaría a dominar o electrónico pola mínimo no tempo de descanso (11-12).
No segundo acto, os de Culleredo poñerían de novo unha marcha máis e esta sería a definitiva. Apostados nunha defensa máis colectiva e con maior ritmo, o equipo comezou a recuperar balóns e a dificultar, en maior medida, o ataque dos locais. Esto propiciaría a posibilidade de transicións rápidas que terminarían por desarbolar ao CP Lucense cun 1-4 de parcial cando se chegaba ao meridiano da continuación (16-20). Eran os mellores momentos e máis serios do Remax Riazor, que, unidos á fatiga en aumento dos xogadores de Lugo, finiquitaban o encontro cun resultado final de 22-30.

Millavén CP Lucense: 22 (11+11). Daniel Sanjuan, Lucas Díaz, Miguel Barreiro, Álvaro Guerrero, Roi Lence, Martín Alonso, Adrián Mosquera, Hugo Seoane, Rodrigo Pumares, Víctor Areán, Iván Vila, Gabriel Areán, Amir Berka.

BM.Culleredo Remax Riazor: 30 (12+18). Hugo Díaz (P), Hugo García (P), Jorge Outón, Fabián Manzo, Teo López, Xoán Bello, Jaime Serrano, Hugo Rodríguez, Xoán Canedo, Diego Piñeiro, Roi Fdez.

Parciais cada 5´: 2-4 / 4-6 / 6-7 / 8-9 / 11-9 / 11-12 / Descanso / 12-13 / 15-16 / 16-20 / 18-23 / 21-27 / 22-30 / Final.

Colexiados: Nivolás Fdez e José Miguel López.

Incidencias: Encontro correspondente á xornada nº 13 no grupo C da Liga Prata e disputado na Casa Do Deporte de Lugo con representación das dúas afeccións nas bancadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *