Saltar ao contido

Remontada do Sutenor , pero moito que traballar

Terceira contra cuartas na clasificación enfrontábanse en Almeiras, o Sutenor xa tiña unha longa ventaxa para queria aumentala, e para a SAR de Redondela era unha boa oportunidade para recortar puntos e poder acercarse a esa terceira praza.

Comenzaba o encontro cun onde os ataques impoñianse as defensas, o Sutenor plantexaba como novidade a defensa 5:1 , mentres que o equipo visitante saia cun sistema 3:3 con pouca profundidade.

A Sar comezou a dar moitos problemas defensivo ao Sutenor que non daba coa tecra para poder obstaculizar o ataque visitante, o erros de basculación defensiva, a pouca ou demasiada intensidade estaba a provocar moitos erros, onde o equipo visitante o aproveitaba par poñerse con 5 goles enriba no marcador.

O Sutenor tivo que cambiar o sistema defensivo para pasar un 3:3 onde comenzaron a cambiar as cousas, un 5-2 de parcial nos últimos 5 minutos da primeira parte deron aire a o equipo local que iase o descanso dous goles abaixo pero con esperanzas de poder remontar.

Resultado o descanso , Sutenor 13- Sar 15.

Na segunda metade o Sutenor deu un paso adiante e comezou cun 4-1 de parcial que significaba unha volta ao marcador e a o encontro.

O nivel defensivo reecontrabase con este grupo e a pesar de ter algún problema na fase ofensiva en certos momentos por certos lanzamentos infeficacez, o equipo estaba a responder .A ventaxa incluso estivo de 4 goles arriba para o Sutenor pero logo volveron a xurdir os fantasmas do nerviosismo, pérdidas de blaón e lanzamentos outra vez pouco eficaces facían que despertar o equipo visitante.Aínda así o equipo cullerendese encontraba espazos en zona central para poder penetrar en zonas eficaces e poder matar o encontro e asi levarse 2 puntos moi importantes de cara ao final do campionato regular.

Irregular partido do Sutenor sobretodo na primeira metade, toca facer unha reflexión sobre o espíritu competitivo e a intensidade para afrontar un encontro. Todo isto ven relacionado cos adestramentos , todo ven da man do que se faga o dia a dia.

Forza Culle.

Resultado final: Balonmán Culleredo Sutenor 29- Sar Redondela 26.

Balonmán Culleredo Sutenor (13+16): Sara Fernández, Sofía Meijde, Cintia Miguez, Sara Villar, María Otero, Alba Fernández, Thais Villaverde, Rosalía Veiga, Claudia soto, Eva Outón, Helena Portas, Noa Otón.

Sar Rodavigo(15+11): Karla Fernández,Emma Yoiza, Loaira Cano, Aitana Crespo, Daniel Miguez, Alma Otero, Zoe Bouzón, Aloia Fernández, Naila Couñago, Daniela Figueroa.

Parciales cada 5`: 2-4/4-7/6-10/8-13/13-15/17-16/20-18/24-20/26-24/29-26.

Árbitros: Pablo Torreiro y Nicolás Vázquez.

Incidencias: Xornada 12 da liga infantil femenina da liga Oro, disputado no pabillón municipal de Almeiras en Culleredo,.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *