Saltar ao contido

A IRREGULARIDAD LASTRA O DESPREOCUPATE

O Despreocupate.es visitaba a Sar de Redondela , un equipo que estaba por encima da clasificación pero non moi lonxe, habia un ilusión polo enfrentamento neste encontro para ver ata onde podía chegar este Desprecupate.

As cousas non comezaron ben para o equipo cullerdense , un 5-2 de parcial xa visionaba o que podia acontecer no encontro.

Na fase defensiva o Despreocupate.es cun sistema defensivo 6:0 non estaba a dar coa tecra e ainda encima as pérdidas de balón en ataque o xogo moi pouco axustado ante unha defensa 5:1 da Sar , estaba a crear moitos problemas para o equipo cullerdense. A diferencia ampliabase pouco a pouco .

Pero ainda asi o Despreocupate.es non se rendía, habia momentos moi bós, boas defensas con recuperación de balón tanto na defensa estática coma no repliegue defensivo , e boas accións combinativas na fase ofensiva que daban ilusión por recortar a distancia de 5 goles , pero estas bos momentos contrastaban cos malos momentos, esa irregularidad que mata o Despreocupate.es .

Resultado o descanso 17-12 para o equipo local .

Na segunda metade o equipo de Redondela comezou moi forte e amplipou a ventaxa para case cerrar o encontro . Non estivo atinado na fase ofensiva nos primeiros minutos da segunda metade o Despreocupate e moitos erros na fase defensiva , que se variou a 5:1 para cambiar a dinámica.

Este cambio non foi radical pero estaba a dar un pouco máis de regularidade na fase defensiva.

No ataque o equipo buscaba traballar o modelo de xogo pero os lanzamento exteriores non estaban a ser eficacez e non se encontraba o éxito do gol.

Derrota en Redondela pero con boa actitude, con bó compromiso unha magoa non encontrar aínda esa regularidade que este equipo necesita conseguer para poder dar un pasiño máis hacia adiante. Esta semana seguiremos traballando para poder conseguer mellores obxetivos no futuro .

Forza Culle.

Resultado final : Sar Redondela 34- Balonmán Culleredo Despreocupate.es 25

Fotos do encontro:https://photos.app.goo.gl/mvhjusR9u8CgrNzA8

Sar Redondela (17+17): Iago Cabral , Aarón Fernández, Iker Bon, Pedro Ferrreras, Iker Grandal , Román Lago , Adolfo Fernández, Breogán Faginas, Daniel Rafael.

Balonmán Culleredo Despreocupate.es(12+13): Rubén Gantes, Adrián López, Bruno Pardo, Nicolás Diaz, Xoel Insua, Diego del Río, Mateo Pérez, Antón Pérez, Lucas López, Iago Vázquez, Jairo Miguez, Juan Francisco Pazos,Álvaro Siso.

Parciales cada 5`: 3-2/6-3/9-5/13-8/15-10/17-12/21-14/22-15/26-18/29-19/32-23/34-25

Árbitros: Sergio Murillo y Ania Lampón.

Incidencias: Xornada 14 da liga de prata xuvenil masculina , disputada no pabillón da Bombonera en Redondela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *