Saltar ao contido

NOVOS DOUS PUNTOS PARA A CRISTALERÍA GESTAL

Cómoda victoria do Balonmán Culleredo Cristalería Gestal.

Na mañá do sábado no pavillón nº2 de Balaidos recibía o Seis Do Nadal Coia , o Culleredo Cristalería Gestal.

As cullerdenses foron abrindo distancia no electrónico dende o inicio, onde as viguesas atopaban dificultades para anotar gol.

As do Culleredo mantiveron a portería pechada cunha defensa 3-3 que se lle atragantaba as visitantes, chegando a un claro 9-18 no descanso.

Xa na reanudación, ca dificultade de manter a intensidade debido as diferencias, as visitantes continuaron incrementando as distancias, gozando de minutos, todas as xogadoras e marcando gol.

O resultado final de 16-33 deixaba claro a diferencia entre os dous equipos neste encontro, sumando dous novos puntos para un Cristalería Gestal que segue afianzado na terceira praza do seu grupo de Liga Prata.

SEIS DO NADAL COIA 16 (9+7): Emma López Fernández, Alma Valle Pestaña, Emma Fernández Reboreda, Alma López Fernández, Aixa Pereira Cousiño, Noa Simón Caiña, Emma Simón Caiña, Alicia Agulla García, Eva Zabaleta Cameselle , Leire Rodríguez González, Uxia Comesaña Núñez, Lucia Cueto Bao, Enma Moreira Couselo

BALONMÁN CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL 33 (18+15): Sofía Meijide Vigo, Yasmin Gabarri Suarez, Sara Bello Pasandin, Lola Romero Mosqueira, Cintia Miguez Aldao, Aitana Gestal Sánchez, Inés Argiz Franqueira, Martina Arroyo Brandariz, Celia González Iglesias, Antia García Rama

Parciais cada 5 min 2-4/4-6/5-10/6-14/9-18 descanso 11-22/11-26/13-29/16-30/16-33 Final

Colexiados: Jonathan Rodríguez Vázquez. Excluiu polo equipo visitante a Celia González (2)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *