Saltar ao contido

UN BO PARTIDO SEN RECOMPENSA

O Balonmán Culleredo saía con mente de guerreiro fronte o segundo clasificado da táboa clasificatoria.

Un encontro intenso sen tempo os despistes.

Na mañá do domingo o Fisioterapia Benestar agardaba a visita dun Sar Rodavigo disposto a manter o segundo posto na Liga nun Pavillón de Almeiras repleto de seguidores/as de ambos clubes e a cita non decepcionou.

Claro indicador de que ambas defensas amosaron nerviosidade fronte os ataques foi a apertura do marcador xa no primeiro minuto. Dende entón, o Sar buscou percutir no 6:0 do Culle mediante o 1×1 da potente liña de Redondela, mentres que o Fisioterapia Benestar optou por recurrir ás interceptacións de balón, anotando mediante circulacións en segunda oleada. Pouco a pouco, mediante traballos de cruces, blocaxes e continuidades, o Culleredo localizou espacios en seis metros, aínda que as perdas de balón por atoparse coa porteira local, mantiveron a paridade no electrónico ata que tres perdas consecutivas con contraataque e accións de penalti, deron a vantaxe a prol das locais para ir ó descanso (12-8).

Na segunda metade, as cullerdenses tiveron un inicio igualado de parciai de 3-3 .Pouco a pouco, pasando do traballo individual e voltando ó colectivo, o Sar logrou limar as distanzas ata o empate no tramo final.

O Sar comezou a presión sobre o centro e recuperou 3 balóns claves para acadala súa victoria e os erros nos lanzamentos finais non conseguiron co Culleredo se fixese coa victoria tras un encontro moi loitado.

O resultado deixa o Culleredo no séptimo lugar da táboa , cunha segunda volta que estar a ser moi positiva para o equipo.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 21 (12+9): Carla Muiño Cancela, Lucia Inés Cortegoso Rey, Aroa García Pena, Aldara Piñeiro Calvete, Paula Peteiro Vázquez, Lúa Fernández Núñez, Luana Gómez Fuentes, Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza, Irene Rodríguez Fernández, Sara Fraga Fraga, Nadia Martínez García, Carmela Erias Vázquez

SAR RODAVIGO 23 (8+15): Helena González Rodríguez, Carlota Mo Otero, Iria Fernández Santoro, Candela Martínez Rodríguez, Noa Portela Ricon, Uxia Crespo Novoa , Leire González Ricon, Carlota Vieiro Pérez Otero, Paula Correa Pérez, Silvia Varela Arenas, Cayetana Barros González, Daniela Miguez Oliveira

Parciais cada 5 min 2-4/4-5/5-6/7-7/10-7/12-8 descanso 15-11/16-12/ 16-14/16-18/18-20/21-23 Final

Colexiados: Pablo Torreiro Barros e Nicolás Vázquez Santos. excluiron a Leire González (2), Silvia Varela (4), Daniela miguez (2) polo equipo visitante.

Incidencias: Partido pertencente a 12ª xornada da Liga de Ouro no Pavillón Municipal de Almeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *