Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Os equipos de base afrontan esta xornada moitos encontros fóra, asumindo desprazamentos compricados e para os cales deben dalo 100% para loitar por un bo resultado e por seguir crecendo como xogadores/as.

(IF) SEIS DO NADAL COIA VS BM CULLEREDO CRISTALERÍA GESTAL

O Cristalería Gestal xogará este sábado ás 10:00h o encontro de volta fronte ao Seis do Nadal. Tralo bo papel das cullerdenses nos anteriores encontros de liga, toca continuar e se é posible dar un paso adiante a nivel defensivo. Trala vitoria das nosas na ida, de seguro que as viguesas nolo porán moi complicado para que non nos levemos de novo os 2 puntos.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS SAR RODAVIGO

As nosas miniguerreiras enfróntanse ante o rival máis preto por debaixo da clasificación, a SAR de Redondela, a diferenza en puntos é alta pero a nivel deportivo os dous conxuntos están a bo nivel competitivo polo que poderíamos dicir que será un encontro bastante igualado. Se o Sutenor gaña abriría una brecha moi grande entre eles e podería seguir así moi cerca dos postos altos da táboa.

(IM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Desprázase na mañá deste sábado o Óptica Gallaecia a Santiago buscando afrontar un desprazamento máis complicado do que asemella. Se ben o Óptica Gallaecia gañou todos os seus encontros fronte aos da capital, son un grupo que ven mellorando e obtendo resultados positivos, polo que non será doado sair airosos deste envite. A reducción de perdas de balón e a concentración a nivel defensivo serán craves para poder asegurar unha nova vitoria.

(IM) MILLAVÉN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

Afrontan os rapaces do Climanosa un dos desprazamentos máis compricados desta Liga Prata. Non é doado gañar en Lugo, fronte a un equipo que marcha 2º clasificado e que é moi forte na casa, pero o Climanosa ten claro que quere tentar romper esta fortaleza.

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS DISALMO BM CANGAS

Visita Almeiras o lider da categoría, que non coñece a derrota, pero xa sabemos que en Almeiras todo pode pasar. O Nosolomadera está moi concentrado para poder recibir a un equipo que segue cun ritmo moi alto. O nivel defensivo marcará as pautas do encontro. Eso si, será un encontro bonito de de ver e disfrutar.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS SAR RODAVIGO

As nosas miniguerreiras se enfrotan ante o rival máis preto por debaixo da clasificación a Sar de Redondela, a diferencia en puntos e alta pero a nivel deportivo os dous conxuntos están a bó nivel competitivo polo que poderiamos dicir que será un encontró bastante igualado. Se o Sutenor gaña abriría una brecha moi grande entre eles, e poder asi seguir moi cerca dos postos altos da taboa.

(CM) BM RIBADOSAR VS BM.CULLEREDO GALAICO CARAVANING

O BM.Culleredo Galaico Caravaning, desprázase a Santiago de Compostela para enfrontarse ao BM.Ribadosar. Os cullerdenses, despois da magnífica vitoria da pasada semana ante o Millavén C.P.Lucense, segundo clasificado, desexan reafirmar o seu crecemento e bo momento de forma na capital. Unha vitoria, lles situaría unha semana  máis, a falta dunha xornada para a finalización da primeira fase da competición neste grupo C da liga Prata, nesa terceira posición da táboa clasificatoria. O equipo debe de manter a liña regular das últimas semanas nun encontro que dará comezo ás 10:00h no pavillón Quiroga Palacios.

(CM) MILLAVÉN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

O BM.Culleredo Remax Riazor, viaxa este Sábado a Lugo para enfrontarse ao Millavén CP.Lucense. Un partido importante e onde, en caso de vitoria, os cullerdenses poden asinar matematicamente o primeiro posto deste Grupo C na liga Prata. Os de Culleredo deberán de dar un plus ante un bo equipo e o nivel defensivo que mostren será, sen ningunha dúbida, parte esencial nas posibilidades de vitoria. O encontro comezará ás 10:00h na Casa Do Deporte de Lugo.

(XM) SAR NÓS ATÚN VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O BM.Culleredo Despreocúpate.es, viaxa o Sábado ata Redondela para enfrontarse á SAR NÓS Atún. O partido, que dará comezo ás 20:15h, será unha proba de lume ante un dos mellores equipos desta Liga Prata. Os cullerdenses deben de resarcirse da última derrota en Tui e, sobre todo, mostrar unha mellor imaxe da que lograron ofrecer naquel envite. A concentración, actitude e intensidade, son factores craves para poder competir nun encontro que se disputará na Bombonera.

(XM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS MONTAXES CARBALLO XIRIA

Derbi ao grande na liga Ouro xuvenil o que se vivirá o vindeiro domingo no municipal de Almeiras entre o BM.Culleredo Sweepend (2.º clasificado) e o Montaxes Carballo Xiria (3.º clasificado). Os dous conxuntos, aos que separan tres puntos na clasificación, loitarán por esa segunda praza que dá opcións a organizar a Final Four da categoría. Os de Culleredo, ademáis, necesitan a vitoria para poder igualar ao líder no caso de que este sufra un tropezo na difícil cancha do BM.Lalín. O BM.Culleredo Sweepend, terá que volver demostrar o seu bo facer defensivo que o acredita como o segundo conxunto menos goleado nesta competición se desexa impoñerse ao bo conxunto bergantiñán. o encontro dará comezo ás 18:30h.

(SM) GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL VS SWEEPEND CULLEREDO

Viaxa esta fin de semana o Sweepend Culleredo a Vigo para enfrontarse no municipal de Carballal ao Granitos ibéricos. Será o Sábado ás 18.30 e, aínda que o reto é sumamente complexo, os cullerdenses deben de desprazarse coa intención de completar un gran partido na procura de dous puntos importantes que les axuden a escalar posicións. Para iso, o Sweepend Culleredo deberá de mellorar nesa asociación entre defensa e portería e conseguir estar nuns algarismos máis parecidos aos de fai catorce días que os de fai sete. Outra situación crave, será non volver cometer erros que dean facilidades e sumen goles sinxelos a favor do rival, en definitiva, manter a concentración e non ter lagoas momentáneas que dean ao traste co traballo realizado durante moitos minutos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *