Vibrante encontro o vivido o sábado no Municipal de Tarrío onde o Galaico Caravaning impoñiase ao CP Lucense , equipo que está por encima na táboa clasificatoria.
Os dous equipos propoñian un sistema 6:0 no inicio do encontro , a igualdade estivo presente nos primeiros compases onde a velocidade e potencia dos xogadores do equipo visitante superaba a defensa cullerdense, mentres que por outra banda as transicions rápidas ou a velocidade de ciruclación de balón facían estragos a defensa do Lucense.
Co paso dos minutos e xca entrando no ecuador da primeira metade o Galaico Caravaning pegou un acelerón a nivel defensivo cambiando o sistema a un 5:1 que daba pé a máis dinámismo , anticipación e agresividade defensiva, en consecuencia tan só 2 goles recibidos en 15 minutos. A maiores a disciplina e o tesón en atque facían valer as boas defensas e así `poder chegar o descanso cunha diferencia de 5 goles.
Resultado o descanso .BM Culleredo Galaico Caravaning 17- CP Lucense 12.
Na segunda metade o ritmo no inicio foi frenético , parcial de 4-5 para o Lucense , moitos goles no incio desta metade, este ritmo pouco a pouco iria baixando sobretodo grazas aos axustes defensivos .
Na fase ofensiva a velocidade de balón estaba a ser un éxito para encontrar penetracións en 6 metros , a continuidade, a paciencia có cambio de ritmo estaban a superar a defensa moi forte do lucense, o que permitía ao Galaico Caravaning poder chegar os minutos finais cunha ventaxa olgada e poder seguir disfrutando dun encontro ode o Galaico Caravaning amosou todo o traballo cosechado nestes últimos meses. Gran compromiso ,esforzo e solidaridade deste equipo que está a terminar o ano en alza.
Forza Culle.
Resultado final : Bm Culleredo Galaico Caravaning 38- CP Lucense 32
BM Culleredo Galaico Caravaning: 38 (17+21). Hugo Nodar, Jorge Amor, Pablo Ares, Hugo Bermúdez,Adrián Aneiros, Jairo Candamio Seoane, Victor Laya, Mateo Negreira, Diego Rodriguez,Hugo Bregua, , Teo Gómez.
CP Lucense: 32 (12+20). Daniel Sanjuan, Lucas Diaz, Miguel Barreiro,Martin Alonso, Victor Areán , Gabriel Areán, Amir Berka, Adrián Mosquera, Alvaro Guerrero, Roi Lence
Parciais cada 5´:3-3/6-6/9-8/12-10/14-10/17-10 / Descanso / 21-17/24-20/29-24/34-26/36-29/38-32/ Final.
Colexiados: Azucena Reboredo y Paula Peteiro
Incidencias: Xornada 12 da liga de prata cadete masculina , disputada no pavillón municipal de Tarrío , Culleredo
Fotos do encontro: https://photos.app.goo.gl/iAtHF7ERU6GFu5oQ6