Saltar ao contido

PARTIDO COMPLETO DO ÓPTICA GALLAECIA

A mellora do Óptica Gallaecia dalle unha victoria esta fin de semana fronte a o CP.Lucense , un encontro que no partido de ida perdiase por un gol e nesta ocasión foi completamente diferente.

O encontro comezaba con duas propostas diferentes do sistema 5:1, mentres o equipo visitante cerrabase moito con este sistema, o Óptica Gallaecia propoñia un pouco máis de presión e disuasión para poder alexar os atacantes da portería cullerdense.

O encontro estaba a ser igualado nos primeiros compases , mentres o equipo visitante derrocaba a defensa cullerdense mediante 1x1 no extremo e lateral izquierdo , o Bm Culleredo conseguía boas accións colectivas que tamén desencadeanban hacia o gol .

Co paso dos minutos o Óptica Gallaecia conseguia impoñer o seu xogo partindo todo dende a fase defensiva para poder chegar rápido e sorprender a defensa rival , isto proporcionou unha ventaxa de 2-3 goles a favor que se ampliaría a 5 goles ata chegar o descanso .

Resultado o descanso Bm Culleredo Óptica Gallaecia 18 - CP Lucensep 13

Na segunda metade o Óptica Gallaecia aumentou o ritmo defensivo e, estivo ainda máis axustado e solidario nesta fase , isto provocaba fallos de lanzamento dende zoina exterior ou pérdidas de balón que o Óptica Gallaecia aproveitaba para seguir aumentando a renda no electrónico.

Na fase ofensiva na segunda metade o equipo estivo máis veloz no xogo que conseguianse una rápida circulación de balón para poder encontrar a penetración e poder conseguir situacións claras de gol .

Encontro moi regular do Óptica Gallaecia que impuxose a un rival que leva toda a competición por diante na taboa . Noraboa ao equipo polo esforzo e compromiso amosado .

Forza Culle.

Resultado final : Bm Culleredo Óptica Gallaecia 41- CP Lucense 27

Óptica Gallaecia Culleredo : 41 (18+23). Hugo Nodar,Fran Hermo, Pablo Penelas, Pablo Hermida, Jacobo Garcia,Mauro Fernández, Carlos Negreira, Mario Prada, Aitor Fariña y Hugo Fariña

CP Lucense: 27 (13+14). Martin Freijo, Oscar Alonso,Rodrigo Cuevas, Petrisor Angheluta, Brayan Martinez, Andre Fernández, Martin Prados , Ian Jared.

Colexiados: Azucena Reboredo y Paula Peteiro

Incidencias:Jornada 12 da liga de prata infantil masculina , disputada no pavillón municipal de Tarrio , Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *